O Concello de Culleredo dedica o Día Mundial da Muller Traballadora deste ano, o 8 de marzo, á defensa dunhas condicións laborais dignas. A charla informativa: “Emprego doméstico: a nova regulación” terá lugar no de Pazo Vila Melania o xoves ás 19:00 horas.O Centro municipal de información á muller organiza os primeiros obradoiros Enredadas 2.0, cursos básicos de iniciación ao uso de internet. A actividade ten como finalidade incrementar o uso das TICs no colectivo de mulleres, ao mesmo tempo que fomentar a súa visibilidade en internet grazas ao uso de ferramentas 2.0.
O Concello de Culleredo celebrou, con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha concentración na praza de Europa do Burgo. Máis de medio centenar de persoas, entre as que se encontraban representantes do goberno local e dos grupos políticos, dixeron non á violencia de xénero.
O V Festival da non violencia e pola igualdade celebrarese no Conservatorio Municipal ás 20.00 horas do vindeiro 25 de novembro.
O Concello de Culleredo celebrará o 25 de novembro, Día Mundial contra a Violencia de Xénero, cun amplo programa de actos que abarcarán a todos os sectores da sociedade. Os escolares do municipio terán un papel prioritario, ao igual que sector social e deportivo. A concentración en repulsa desta violencia terá lugar na praza de Europa do Burgo.O Centro de Información ás Mulleres de Culleredo celebra o Día Internacional da Muller Rural co "I Encontro de mulleres do rural de Culleredo: unha perspectiva interxeracional". Terá lugar o venres 21 de outubro na Reitoral de Celas.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER