O Concello de Culleredo apraza a mediados de outubro o inicio das súas actividades de cultura e deporte

O Concello de Culleredo informa do aprazamento do inicio do programa de actividades culturais e deportivas. O comezo, que estaba previsto inicialmente para o 4 luns 4 de outubro, producirase máis adiante, a medidos do mes de outubro, nun día que se anunciará con anterioridade.

Concello e Protección Civil promoven unha recollida solidaria de material para as persoas afectadas pola erupción do volcán Cumbre Vieja, en La Palma

Queres aportar o teu graíño de area? Desde a Culleredo Protección Civil e o Concello de Culleredo estamos promovendo unha recollida solidaria de material para as persoas afectadas polo desastre natural da erupción do volcán Cumbre Vieja, en La Palma.
 

A comunidade educativa maniféstase novamente contra os recortes de Educación en materia de atención especial

A comunidade educativa manifestouse novamente esta mañá contra os recortes de Educación en materia de atención especial. Ás 9:10 horas tivo lugar unha concentración ás portas do CEIP Ría do Burgo, onde simbolicamente se prenderon globos de cores.
 

O Concello trasladará as demandas da comunidade escolar a inspección tras reunirse coa dirección dos centros do municipio

O Concello de Culleredo, a través da concelleira de Educación Jéssica Méndez, trasladará as demandas da comunidade escolar á inspección da Consellería de Educación tras reunirse coas directoras e directores do IES Rego de Trabe, CEIP Vila de  Rutis, CEIP Tarrío, CEIP Sofía  Casanova, CEIP Isaac Díaz Pardo, CEIP Ría  do Burgo e do CRA de Culleredo.
 

O Festival Internacional Galicreques chega a Culleredo na súa XXVI edición

A partires do 1 de outubro e durante tres venres, o municipio contará con espectáculos gratuítos nos Servizos Múltiples. 

Rioboo e Feijoo reúnense para tratar temas de relevancia para Culleredo

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, citáronse esta mañá nunha xuntanza para profundar en temas de gran calado para Culleredo.

 

O Conservatorio Municipal de Culleredo acollerá o vindeiro 24 de setembro a estrea das variacións sobre 'Rosa de Abril'

O Conservatorio Municipal de Culleredo acollerá o próximo 24 de setembro a estrea das variacións sobre “Rosa de Abril”, de Juan Durán, un concerto que forma parte da Programación Xacobeo 21-22.

Aberto un carril de circulación para acceder ao Vila de Rutis con motivo do comezo do curso escolar

Mañá, xoves día 9 de setembro, terá lugar o comezo dun novo curso escolar. Con motivo das obras que se están acometendo baixo a ponte da AP-9 e coincidindo co inicio do curso escolar, habilitarase un carril de circulación para vehículos a motor que dea acceso ao CEIP Vila de Rutis desde a rotonda da DP-3107, a carón do Eroski Center. 

 

Novos horarios para as bibliotecas de Culleredo

As bibliotecas Miguel González Garcés, do Burgo, e Cardeso Liñares, de Vilaboa, contarán cun novo horario a partir do 16 de setembro. 

O Xardín Botánico do Burgo acollerá o sábado o proxecto Mestura no Camiño

O Xardín Botánico do Concello de Culleredo acollerá este sábado, 4 de setembro e desde as 11:00 horas, o programa de actividades dentro do proxecto "Mestura no Camiño", financiado pola Xunta de Galicia, e cuxo obxectivo é o de facilitar a relación entre a poboación e a cultura, posibilitando o desenvolvemento e a participación social, así como o intercambio de experiencias vividas no Camiño Inglés. Este proxecto forma parte do programa ‘O Teu Xacobeo’ da Xunta de Galicia.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina