No marco da colaboración que a Concellaría de Sanidade mantén coa Asociación cullerdense Alma e coincidindo no obxectivo de promoción da lactancia materna, a Aula de Natureza Juan Lembeye do Burgo acolle a mostra "Pel con pel".
Pistas deportivas e parque infantil con iluminación, aseos reformados e pavimento arranxado son algúns dos resultados das obras que vén de acometer o Concello de Culleredo no paseo marítimo do Burgo, na zona da Cros. O alcalde, Julio Sacristán, aposta por proporcionar o mellor servizo ao usuario nun dos pulmóns verdes e de lecer da comarca.
O Club Baloncesto Culleredo, en colaboración co Concello, organizou a sétima edición do Torneo de Nadal, cita xa consolidada na comarca. Asistiu tamén a Asociación Deportiva Valle Inclán, de Oleiros. Participaron 120 rapaces e rapazas nunha gran festa do deporte celebrada no Burgo.
A Aula de Naturza do Burgo acolle o venres 13 de xaneiro, ás 19.30 horas, a presentación da publicación Da flor á mesa. Historia dunha pinga de mel. Relata o proceso de obtención da mel, beaseada no programa educativo desenvolvido na Casa das Abellas.
O Concello de Culleredo rematou as importantes obras de mellora viaria que levou a cabo en Castro, no enlace con Pena Loureira. Agora a vía ten un novo pavimento, con sistema axeitado para a recollida de agua da choiva e con conexións correctas das vivendas coa rede de saneamento.
O Grupo Naturalista Hábitat organiza o venres 6 de xaneiro, en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas, o I Día dos Prismáticos, xunto ao xardín botánico do Burgo.
A organización anima a asistir con prismáticos para avistar as avaes do lugar. A asistencia é gratuíta.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER