O Concello de Culleredo organiza unha conferencia que amosará os beneficios da musicoterapia na saúde. Será impartida por unha experta e terá lugar no pazo de Villa Melania o mércores 29 ás 19.00 horas.
O polideportivo do Burgo será o esceario do Deportivo - Oporto da liga de veteranos de fútbol indoor. O Concello e o equipo piden o máximo apoio dos afeccionados para derrotar a un rivil complicado e case asegurarse o pase á seguinte fase.
O recinto multiusos do Burgo acolle a I Festa do Cocido, cinco xornadas onde a gastronomía, a música, a animación, e tamén a solidariedade serán protagonistas. A carpa ten 2.500 metros cadrados de superficie, aos que hai sumar outros 600 onde se situarán as cociñas, os servizos ou o recinto de animación infantil. Na carpa principal estarán instaladas 200 mesas onde caberán unhas 1.600 persoas.
ENTROIDO XOVE 2012
O venres 17 de febreiro, na Casa da Xuventude (O Burgo), realizarase un obradoiro de maquillaxe e creación de máscaras.
Terá lugar de 17:00 a 20:00 horas e está dirixido aos mozos entre os 14 e os 30 anos de idade.
A asociación cultural Bonsai Coruña e o Concello de Culleredo organizan un curso de coidado de bonsáis que se celebrará na aula de Natureza do Burgo o próximo mes de marzo. O taller terá lugar os domingos 11 e 25 de marzo en horario de 10.30 a 13.30 horas.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER