Presentado Castelo Conta, que será do 19 ao 25 de agosto

O festival Castelo Conta celebrarase do 19 ao 25 de agosto de 2024 cunha proposta cultural sen igual, coa colaboración do Concello de Culleredo.

Entreculturas 2024

O Concello de Culleredo organiza a IV edición do ciclo Entreculturas, con propostas de diferentes disciplinas artísticas para todos os públicos.

Culleredo reúne a 450 nenos e nenas nos seus campamentos para a conciliación

O Concello de Culleredo ten en marcha os seus campamentos de verán para a conciliación cunha gran acollida entre as familias. Un total de 450 pequenos e pequenas de 3 a 12 anos de idade participan nalgunha das quendas que funcionarán os meses de xullo e agosto.

Rioboo e Formoso apostan polo proxecto de centro de investigación na antiga Cros

O alcalde de Culleredo e o presidente da Deputación da Coruña visitaron hoxe as instalacións do CETIM, no polígono de Alvedro, unha fundación en crecemento no sector da innovación e a investigación. Apostan polo proxecto de centro de economía circular na antiga Cros.

O Mercado Templario encherá de animación o paseo do 4 ao 7 de xullo

O Mercado Templario de Burgo de Faro é fiel á súa cita anual e desenvolverase este ano desde este xoves 4 ata o domingo 7 de xullo.

O Concello celebra o Festival BurgoJazz do 5 ao 8 de xullo no Botánico

Culleredo converterase un ano máis no epicentro da música jazz de Galicia acollendo a XXIII edición do Festival Burgojazz. A cita será, como é habitual, no Xardín Botánico do Burgo, do 5 ao 8 de xullo.

En marcha os contratos urxentes de limpeza tras a emerxencia sanitaria declarada polo ERTE da concesionaria

Concello de Culleredo ten en marcha o contrato urxente de limpeza de edificios e adxudicou o de limpeza viaria ante a emerxencia sanitaria declarada polo alcalde a causa do ERTE da empresa encargada.

Culleredo clausura unha nova edición do 'Cullerchef', o programa de cociña saudable para a rapazada de 6 a 12 anos

O Concello de Culleredo clausurou esta tarde unha nova edición do ‘Cullerchef’, o programa de cociña saudable para nenos e nenas de 6 a 12 anos. A concelleira de Cultura, Penélope López, entregoulle ás pequenas e pequenos os diplomas que acreditan o completar a actividade.

Entregados os diplomas ao alumnado do IES Eduardo Blanco Amor participante no programa de formación en arbitraxe

O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, organizou por segundo ano consecutivo un programa de formación en arbitraxe, cuxa condución correu a cargo do colexiado Diego Seoane, de Preferente Autonómica.

Culleredo entrega os diplomas ao alumnado do IES Rego de Trabe participante no programa de formación en arbitraxe

O Concello de Culleredo, a través da Área de Xuventude, organizou por segundo ano consecutivo un programa de formación en arbitraxe, que conduciu o colexiado Diego Seoane, de Preferente Autonómica. A Administración local e o Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol xa iniciaran en febreiro de 2023 un proxecto pioneiro para promover esta vertente do deporte entre a mocidade do municipio. 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina