Plan de formación 2014 para personas desempregadas

O Concello de Culleredo lanza un amplo plan de formación cun obxectivo claro: incrementar a capacitación e así promover a inserción laboral de veciños que se atopen en situación de desemprego. A Concellaría de Formación deseñou un programa que conta con 289 horas e 148 prazas en modalidades elixidas segundo as necesidades do mercado laboral.

O goberno municipal tivo en conta as necesidades cambiantes dos postos de traballo á hora de configurar a oferta de accións formativas.  O plan de formación terá lugar durante os próximos meses no centro municipal de Formación e Emprego Pablo Picasso, situado no Burgo, na rúa Antonio Machado.

As accións formativas incluídas son as seguintes:

  • Manipulador de alimentos
  • Servizos de bar e cafetaría
  • A coctelería. Iniciación.
  • Nivel básico en prevención de riscos laborais
  • Introdución á instalación eléctrica básica dunha vivenda
  • Ferramentas informáticas básicas para a busca de emprego
  • Técnicas de venda e atención ao cliente
  • Operacións auxiliares no punto de venda
  • Manipulación de cargas con carreta elevadora

O goberno local introduciu nesta convocatoria novidades como a coctelería, a instalación eléctrica das vivendas ou as operacións auxiliares no punto de venda, tendo en conta as necesidades do panorama laboral.

O plan está destinado a veciños de Culleredo, preferentemente en situación de desemprego e inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia. A inscrición nas accións realizarase do 1 ao 5 de setembro, en horario de 9.00 a 14.00 horas, no centro Pablo Picasso.

Cada solicitante só poderá realizar un curso de entre os ofertados na convocatoria. No caso de recibir máis peticións que prazas, realizarase un sorteo público.

A concelleira de Formación, Marta Iglesias, explica que é de "máximo interese" para o Concello apoiar, na medida das súas poucas competencias en emprego, aos desempregados. Neste sentido, a organización dun plan de formación é unha das medidas adoptadas para contribuír a unha capacitación "que é o mellor camiño á inserción laboral".

Iglesias lembra ademais que as persoas en situación de desemprego poden atopar no centro municipal un traballo de asesoramento e orientación laboral. Para iso só teñen que contactar co centro municipal Pablo Picasso no número 981 66 42 04.

Vista previaAdjuntoTamaño
plan_formacion_2014.pdf483.48 KB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina