O Concello e a compañía de Teatro El Ruiseñor lanzan o I Certame Xuvenil de Teatro Afeccionado de Culleredo. O goberno local quere aproveitar a auxe desta modalide artística no municipio para seguila potenciando.
O certame terá unha primeira fase, xa aberta, na que os participantes poden enviar a súa obra en vídeo á organización. O xurado seleccionará de entre as que se reciban as que pasan á fase final, que se desenvolverá en novembro.
Nesta segunda fase, dun mes de duración, o teatro encherá a programación cultural do municipio dado que as obras concursantes representaranse en vivo en Culleredo.
A continuación poden descargarse as bases de participación no certame.
Vista previa | Adjunto | Tamaño |
---|---|---|
bases_certame_de_teatro_concello_de_culleredo.pdf | 84.33 KB |
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER