Culleredo viviu a súa festa do fútbol coa desputa das finais do Torneo de Fútbol Municipal

Culleredo viviu esta fin de semana unha auténtica festa do fútbol coa disputa das finais do Trofeo Municipal 2026 no Municipal de Rutis. O Sporting Burgo, o Club Femenino Celas e o Olímpico de Rutis foron os grandes vencedores, á espera da final do trofeo de veteranos, que terá lugar o mércores. Nas entregas de premios participaron o alcalde, José Ramón Rioboo, e a tenente de alcalde e concelleira de Deportes, Cristina Pardo.

No XLVII Trofeo de Fútbol Afeccionado, o Sporting Burgo proclamouse campión tras impoñerse ao Olímpico de Rutis nuhna vibrante final.

O fútbol feminino tamén coroou ás súas vencedoras coa oitava edición do seu torneo, resolto nun triangular no que o Club Femenino Celas se fixo co primeiro posto por diante do Sporting Burgo e da AD Culleredo.

O fútbol base completou a xornada coas finais do XII Trofeo, que enfrontou na loita polo título ao Olímpico de Rutis A e ao Olímpico de Rutis B, mentres que o Almeiras A e o Almeiras B se mediron no partido polo terceiro e cuarto posto.

O torneo aínda garda un último capítulo: a final do XXVII Trofeo de Fútbol Veterano, que enfrontará ao Olímpico de Rutis e ao SPM Veteranos este mércores 2 de setembro ás 20:30 horas, tamén no Municipal de Rutis.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina