O Concello mellora a praza Europa e saca a contratación as obras do parque de Vilaboa

O goberno local acaba de sacar a licitación as obras de reforma do parque da igrexa de Vilaboa ao tempo que executa a mellora da praza Europa do Burgo, dentro dun programa que inclúe melloras de distintos espazos públicos do municipio.

No parque da igrexa de Vilaboa investiranse máis de 136.000 euros dos que o propio goberno local achegará 41.900. O parque da igrexa de Vilaboa, duns 5.000 m2, está conformado por dúas zonas diferenciadas. A primeira, a máis próxima á estrada N-550, é unha zona verde, en noiro, con sendas peonís que a cruzan e cun espazo destinado a uso comercial e unha canle de auga que desemboca nun estanque próximo á zona de xogos infantís. Esta primera zona consíderase ben aproveitada e funcional, polo que non require unha redistribución de espazos e as actuacións nas mesmas só se enfocarán á rehabilitación dos elementos e pavimentos que se deterioraran.

A segunda parte, contigua á anterior, é un espazo aberto, plano e sen definir, de aproximadamente uns 2.500 m2  no que se centrará a práctica totalidade do proxecto. Esta zona ten deteriorado o pavimento e parte da mesma se utiliza de forma indebida para estacionamento de vehículos. Entre otras deficiencias, o pavimento de balastro, tampouco é o máis axeitado, especialmente, durante a época de choivas. O mobiliario urbano do parque tamén está deteriorado debido ao paso do tempo e algún acto vandálico.

Por todo isto, o goberno local decidiu que é necesario acometer, segundo explicou o alcalde, Julio Sacristán, unha importante reforma que incluirá a creación dunha zona de aparcadoiro na parte norte do parque que estará delimitada e separada do mesmo por unha zona verde.  A explanada pavimentarase con slurry cor ocre, exceptuando o círculo central que se realizará en cor verde creando unha rosa dos ventos. Esta pavimentación solucionará os problemas que se xeran coas augas pluviais ao crear lixeiras pendentes cara aos sumidoiros. Na explanada haberá espazo para paseo, para celebrar os eventos que se realizan de forma ocasional no parque e para actividades deportivas.

Entre as obras, tamén se arranxarán as dúas sendas peonís que atravesan a zona verde da parte baixa do parque e se reservará unha zona na explanada, a máis próxima á igrexa, para xogos tradicionais como a chave, con pavimento propio e cunha rede protectora para delimitar o espazo.

En canto á dotación de mobiliario, construiranse dous bancos de 50 e 31 m de longo que se situarán no perímetro da explanada e se executarán a base de formigón armado revestido con madeira do país. Estes bancos funcionarán como muros de contención das novas zonas verdes. Tamén se instalarán bancos tradicionais, papeleiras, proxectores de luz na explanada, unha fonte na senda peonil próxima ao estanque e a zona de xogos infantís existente, unha nova pasarela de madeira cruzando a canle de auga que substitúe á que xa existe, diversos elementos de iluminación pública e dotación das correspondentes redes de servizos. 

A mellora da praza Europa do Burgo consiste na remodelación integral do espazo para o que o Concello destinou uns 120.000 euros.  Os traballos acométense tendo en conta os deterioros que sufre a praza debido ao paso do tempo e os actos vandálicos, deterioros que afectan, especialmente, ao pavimento e ao mobiliario urbano. 

Mellorarase o actual actual firme de aglomerado cunha nova capa de slurry de cor ocre e executarase un novo tramo que na actualidade está en balastro. Ademais colcaranse papeleiras de aceiro inoxidable, bancos de madeira, unha fonte adaptada para discapacitados, areeiro para os máis pequenos e pavimento de caucho na zona de xogos infantís. En canto á xardinaría, plantarase céspede e árbores. Por último, o proyecto recolle a mellora da pista polideportiva tanto do pavimento como do peche perimetral.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina