Deportes

O Concello de Culleredo colaborou na I Copa Ibérica de kayaksurf celebrada a fin de semana

O Concello de Culleredo colaborou na organización da I Copa Ibérica de kayaksurf que se desenvolveu esta fin de semana na comarca. Tratouse da carta e última proba da Copa, e que polo tanto resolveu as clasificacións nas distintas categorías. Nela participou o cullerdense Javier Díaz. De especial relevancia foi a asistencia do campión mundial, Edu Etxeverría.

Prazas vacantes nas actividades deportivas do Concello de Culleredo

O Concello de Culleredo oferta prazas vacantes nas actividades deportivas municipais, tanto para escolares coma para adultos. A continuación se relacionan as modalidades dispoñibles e o procedemento a seguir. Para máis información, contactar coa Concellería de Deportes.

Inicio das escolas deportivas do clube Balonmán Culleredo

Co novo curso escolar comezou nunha nova tempada para as escolas deportivas de BALONMÁN CULLEREDO, co que colabora o Concello de Culleredo. Durante todo este mes, a participación é libre e gratuita. Os interesados poden atopar o clube todos os martes, xoves e venres de 18.00 a 19.30 horas desde o xoves 11.

Culleredo recibirá a 250 personas no campionato de fútbol sala para Forzas de Seguridade

Culleredo convértese este fin de semana no centro da competición deportiva entre os corpos e forzas de seguridade de España e Portugal. En total, participarán 16 equipos de ambos os países, o que suporá un total de 250 persoas entre deportistas e acompañantes.

Convocatoria de uso dos polideportivos municipais 2012-2013

O Concello de Culleredo abre a convocatoria de uso dos polideportivos municipais para a tempada 2012-2013. O prazo queda aberto atá o vindeiro 19 de setembro. Os interesados poden dirixirse á Concellaría de Deportes no 981 665 597 ou en deportes@culleredo.org.

Resultados dos Torneos de Fútbol Veterán e Afeccionado de Culleredo

O Concello de Culleredo celebrou este mes de agosto os torneos de Fútbol Afeccionado e Fútbol Veterán, que congregan a un bo número de equipos das diferentes parroquias do municipio. O Olímpico de Rutis resultou gañador de ambas competicións.

Finais dos Torneos de Fútbol

 
O Concello de Culleredo celebra entre o 4 e o 25 de agosto os torneos de Fútbol Afeccionado e Fútbol Veterán, que congregan a un bo número de equipos das diferentes parroquias do municipio.

O sábado 25 celébranse as finais dos Torneos de Fútbol Concello de Culleredo

O vindeiro sábado 25 terán lugar no campo de fútbol de Rutis as finais dos torneos de Fútbol Veterán e Fútbol Afeccionado, que congregan a un bo número de equipos das diferentes parroquias do municipio. A primeira comezará ás 16.15 horas e a segunda será posteriormente, entorno ás 18.00 horas.

Torneos de Fútbol Afeccionado e Veterán de Culleredo

O Concello de Culleredo celebrará entre o 4 e o 25 de agosto os torneos de Fútbol Afeccionado e Fútbol Veterán, que congregarán a un bo número de equipos das diferentes parroquias do municipio. A continuación poden descargarse os calendarios de ambas competicións.

Once clubes participan este fin de semana no Torneo de fútbol 7 "A Ponte Pasaxe"

Os campos da Lavandeira do Burgo son sede desde o venres 29 de xuño ao domingo 1 de xullo do XIII Torneo de Fútbol 7 "A Ponte Pasaxe". Rapaces de once clubes das categorías prebenxamín, benxamín e alevín desfrutarán dunha festa do deporte.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina