O XIV Campionato de Tute que organiza o Concello de Culleredo celebrou o pasado venres a xornada terceira da súa fase final. Este venres, 24 de maio, terá lugar a xornada carta no centro social Torre de Celas, a partir das 21.00 horas. A continuación pódese descargar os resultados e calendario.
O XIV Campionato de Tute que organiza o Concello de Culleredo celebrou o pasado venres a xornada segunda da súa fase final. Este xoves, 16 de maio, terá lugar a xornada terceira no centro social Torre de Celas, a partir das 21.00 horas. A continuación pódese descargar os resultados e calendario.
O Concello de Culleredo inicia mañá, venres 3 de maio, a fase final do XV Campionato de Tute, coa participación de 80 parellas de veciños das diferentes parroquias. As partidas desenvolveranse no centro social de Celas a partir das 21.00 horas. A continuación pódese acceder ao cadro de enfrentamentos e regulamento.
Xa está aberto o prazo de inscrición nos campamentos deportivos que desenvolverá no verán a Deputación da Coruña, para rapaces nados entre 1999 e 2003. A Culleredo correspóndelle a segunda quenda, do 7 ao 13 de xullo de 2013. Os interesados dispoñen ata o 16 de maio para formalizar a inscrición no rexistro xeral do Concello, entregando a ficha de inscrición cuberta e a fotocopia do libro de familia ou carné de identidade.
A Travesía do Xalo, nas súas modalidades de carreira e andaina, celebrarase o domingo 28 de abril co récord de participación de 400 persoas. A proba, organizada pola asociación Castelo Deporte, e que conta coa colaboración do Concello de Culleredo, está previsto que comece ás 9.30 horas no caso da carreira e ás 10.00 horas no caso da andaina.
Culleredo acolle este sábado, 20 de abril, a terceira edición do Descenso O Xalo, proba deportiva de descenso de Mountain Bike. A competición, proba oficial do Open Galicia 2013, está organizada polo club cullerdense School Riders Team, en colaboración co Concello de Culleredo. Reunirá a 200 deportistas, moitos deles veciños de Culleredo, xuntando tamén aos principais deportistas da modalidade de descenso a nivel nacional.
Ante o temporal que se prevé para a tarde de hoxe, xoves 21 de marzo, o Concello de Culleredo anuncia a suspensión das actividades ao aire libre nos campos de fútbol de Rutis, O Burgo, Tarrío e As Brañas. Tampouco se poderán realizar actividades nas polideportivas descubertas do municipio.
Culleredo acollerá este domingo, 24 de febreiro, un dos máis multitudinarios acontecementos ciclistas da comarca. A Pedalada Ártabra, organizada polo Club Ciclista Riazor coa colaboración do Concello de Culleredo, chega a súa VI edición con 250 participantes inscritos. A Marcha encádrase dentro da categoría de Cicloturismo-BTT (Bicicletas Todo Terreo) sendo un exercicio físico con fines de ocio, turístico ou cultural, excluíndo expresamente a competición.
Ante o temporal que se prevé para a tarde de hoxe, o Concello de Culleredo anuncia a suspensión das actividades ao aire libre nos campos de fútbol. Ademais non se poderán realizar actividades nas polideportivas descubertas do municipio. Con esta medida, o Concello quere garantir a seguridade dos veciños dadas as malas condicións meteorolóxicas previstas.
Culleredo comeza este mes de decembro a primeira fase do Campionato de Tute, tradicional cita que alcanza este ano a súa XV edición. O torneo celebrarase nas sedes das asociacións de veciños. A segunda fase está fixada para o vindeiro mes de marzo.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER