Cultura

Programación para adultos da Biblioteca Municipal

A Biblioteca Municipal oferta unha ampla variedade para adultos. Hai desde clubes de lectura e tertulias literarias, ata tertulias de arte e historia e o club de maiores.

O Folk in Cros de Catalmibre lembrará ao mítico Santi

A asociación Catalmibre celebra a fin de semana do 18 e 19 deste mes o seu Folk in Cros. Será no paseo marítimo do Burgo, coa colaboración do Concello de Culleredo. Nesta edición contará coa homenaxe a Santi, membro fundador falecido este ano.

O Concello de Culleredo lanza un amplo programa de actividades culturais, deportivas e sociais

O Concello de Culleredo lanza un renovado programa de actividades culturais, deportivas e sociais para este novo curso. O goberno local puxo o seu máximo empeño en configurar unha oferta única, que permitirá aos veciños beneficiarse de novos descontos con independencia da área que organice a actividade.

O espectáculo de maxia Don Gelati, este venres na praza de Santa Gema

O mozo ilusionista Dani Martín ofrecerá o venres un espectáculo de maxia na praza de Santa Gema (Fonteculler), ao aire libre. Enmárcase na programación cultural que ofrece o Concello de Culleredo.

A Cociña da Dragona Ramona

O Concello trae de novo a Cociña da Dragona Ramona. Será para nenos de 7 a 12 anos no Coruña The Style Outlets, o martes 31 e o mércores 1. Inscricións na biblioteca municipal ou no Facebook do centro comercial.

Abril: mes dos libros en Culleredo

O Concello organiza na biblioteca municipal un amplo plan de actividades no mes de abril dirixidas aos libros, tanto para nenos como adultos.

Campamentos municipais de primavera

O Concello de Culleredo abre o luns 9 de marzo a convocatoria de inscrición nos campamentos urbanos de primavera. A acollida das dúas primeiras edicións foi moi boa por parte das familias cullerdenses, o que leva ao goberno municipal a repetir coa experiencia.

Programación infantil da Biblioteca para marzo

Obradoiros de contos, contacontos ou biblioxogos conforman a programación da biblioteca municipal para o ms de marzo. As actividades teñen lugar en Villa Melania (Vilaboa).

Obradoiro de bonsais na Aula de Natureza do Burgo

A asociación cultural Bonsai Coruña e o Concello de Culleredo abren o prazo de inscrición para o curso de coidado de bonsáis que se celebrará na aula de Natureza do Burgo o próximo mes de marzo.

O Concello levou a música clásica aos nenos en Almeiras e Celas

Os pequenos de Culleredo alucinaron esta fin de semana coa versión da música clásica que lles trouxeron 6 compoñentes da Orquestra Sinfónica de Galicia, fundadores do grupo Arcos Iris.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina