O salón de actos do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo estaba abarrotado na clausura do curso nas actividades culturais municipais. Os nenos e adultos participantes foron os protagonistas nun aforamento que superaba as 500 persoas.
Con moita ilusión ensinaron o que aprenderon durante o ano en modalidades como a gaita, o baile, ou a guitarra. O alcalde, Julio Sacristán, e a concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, entregaron aos participantes os diplomas recoñecendo "o seu esforzo" e encomiando a "calidade" das súas actuacións.
O mago Martín Camiña tamén puxo a ilusión na presentación da gala, con números de maxia que fixeron a delicia dos espectadores.
Outra das actividades municipais, a fotografía, terá tamén o seu espazo desde esta semana. Unha exposición fotográfica dos alumnos, baixo a denominación de "As catro esquinas" quedará instalada do 4 de xullo ao 2 de agosto no xardín botánico do Burgo.
O xardín botánico acolleu en xuño a exposición de traballos das restantes actividades: encaixe, corte e confección, pintura.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER