O Concello de Culleredo e a Demarcación de Costas de Galicia concretan as medidas de seguridade e os accesos ante o comezo dos traballos de dragado da ría do Burgo.
Unha unidade móbil de expedición do DNI achegase ao Concello de Culleredo os días 20 e 21 de xaneiro.
Galkimia, Prita e Peluquería Carmen Carreira recibiron esta mañá os premios do II Concurso de Escaparatismo convocado polo Concello de Culleredo con motivo das festas de Nadal. O primeiro, Galkimia, que rexenta Isaac Cerdeira, foi votado por un total de 201 persoas; o segundo, por 177, Prita, cuxa responsable é Beatriz García e o terceiro, Peluquería Carmen Carreira, cuxa propietaria lle dá nome, por 124.
O Concello de Culleredo continúa apostando polas melloras nas infraestruturas deportivas do municipio coa renovación do campo de fútbol de Tarrío, no que se investiron un total de 261.500 euros na instalación dun novo firme de nova xeración.
A visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente adáptase á pandemia.
Cunha nova reorganización, a Cabalgata percorrerá as zonas rurais de Culleredo durante a mañá e a zona urbana na tarde. Da mesma forma, incrementaranse os puntos de paso, establecerase un dobre dispositivo de seguridade e non haberá recepcións.
O Concello de Culleredo convocou o II Concurso de Escaparatismo con motivo das festas de Nadal, no que pode participar calquera establecemento comercial do municipio. Deben permanecer instalados ata o 6 de xaneiro e iluminados ata as 22:00 horas durante esta tempada.
O pobo de Culleredo amsosou novamente a súa solidariedade ao achegar máis de 200 quilos de alimentos para que non falten durante as Festas en ningún fogar do municipio.
O Concello de Culleredo dá continuidade ao plan de mellora da rede viaria no rural co asfaltado da rúa Cubo, traballos que deron comezo esta mañá. Coas actuacións darase resposta ás diferentes peticións transmitidas polos veciños para renovar o firme de estradas que se viron afectadas polo paso do tempo.
AgaELA lanza unha campaña de doazón de material ortoprotésico buscando a colaboración dos veciños do Concello de Culleredo.
A área de Xuventude do Concello de Culleredo organiza un Escape Room con motivo do inicio do Nadal. Está dirixido a mozos e mozas de 14 a 17 anos de idade.
Inscrición: https://bit.ly/3GxpVrr
En varios puntos de Culleredo recolleranse xoguetes novos (nin bélicos nin sexistas), así como material deportivo e libros para as e os máis pequenos.
Trátase dun dos espazos de maior concorrencia de familias ao atoparse nunha zona de carácter residencial.
Aberto o prazo de inscrición da campaña de neve 2022 da Deputación da Coruña dirixida aos nenos e nenas empadroados en Culleredo de entre 12 e 15 anos.
O sorteo de prazas será o vindeiro 23 de decembro no Edificio de Servizos Múltiples ás 10:30 horas, ante a presenza da secretaria do Concello de Culleredo.
O Concello de Culleredo, ante as informacións vertidas en varios medios de comunicación no referente á iniciativa do centro comercial Coruña Style Outlets, situado en Alvedro, quere aclarar que:
O parque da Torre de Celas acollerá desde as 21:30 horas deste vindeiro venres, día 3 de decembro, o espectáculo musical da orquestra Los Satélites.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER