O Concello de Culleredo adxudicou importantes intervencións en materia de seguridade viaria e renovación de infraestruturas tanto nas zonas rurais como na urbana cun valor de 284.337,30 euros.
Serán cofinanciadas coa Unión Europea a través dos fondos FEDER. Trátase da renovación do parque infantil da praza Europa, a reforma e ampliación do centro cívico e social de Sueiro e a mellora da seguridade viaria nas zonas escolares de Culleredo.
O Centro de Saúde do Portádego acolleu esta tarde as primeiras probas de antíxenos destinadas á poboación de Culleredo entre os 18 e os 35 anos, e que continuarán mañá, sábado 10 de xullo.
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Culleredo e deputado provincial, José Ramón Rioboo, visitaron esta mañá a recentemente renovada avenida de Ribados, situada no corazón do Burgo. A modernización da vía, efectuada polo Concello co financiamento provincial, supón unha mellora integral en canto a funcionalidade e estética.
A Policía Local de Culleredo, tras a activación dun novo dispositivo de seguridade para reforzar a vixilancia tanto na contorna rural como no urbano para evitar reunións entre grupos de mozos que incumpran as restricións marcadas por Sanidade, interviu na madrugada do sábado ata en tres conatos de botellón.
O Mercado Templario de Burgo de Faro arrincará mañá, un evento que será visitable ata o vindeiro domingo e no que se darán cita ata 90 postos. O Concello de Culleredo retoma a cita, xa consolidada como elemento dinamizador do municipio, tras a suspensión do ano pasado polos efectos da pandemia.
O Concello de Culleredo celebrará mañá, martes 28 de xuño de 2021, unha sesión do pleno extraordinaria ás 13:30 horas, coa seguinte orde do día:
Terán lugar as actuacións de Mr.Cool & Ton Risco, Dixie Kings Feat Paty Lesta, O Intre e Habana Soul.
A reserva de asentos poderase facer efectiva a semana dos concertos no teléfono 981 665 597
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER