O Concello de Culleredo comezou esta semana novos traballos de mellora de camiños anexos a parcelas agrícolas na parroquia de Celas, no lugar de Rumbo. Concretamente nas vías VP-359 e VP-400. Contan cun orzamento total de 34.736, 46 euros.
O Concello de Culleredo acaba de licitar o proxecto de pavimentación na rúa Seara ata Cillobre, As Barreiras e As Reixas por un total de 60.440, 89 euros. O obxectivo primeiro das obras é mellorar a plataforma existente para o tráfico rodado, optimizando así as conexións e mellorando a seguridade viaria.
O Concello de Culleredo acaba de licitar o proxecto de ampliación e mellora tanto da drenaxe como das pavimentacións nas rúas nabeiras, Outeiro de Abaixo e Silvar. O proxecto conta cun orzamento de 193.138, 66 euros.
O Consello Escolar de Culleredo reuniuse onte en sesión extraordinaria para abordar, novamente, unha das principais inquietudes xurdida na comunidade escolar desde o inicio do curso académico: O recorte de profesorado, de persoal coidador ou os cambios en horarios determinados pola Consellería de Educación.
O Concello de Culleredo prepara a renovación da rúa Laxe, concretamente dos viais VP-23 e VP-29, cuxo proxecto está en fase de licitación e por un valor de 241.451,56 euros. As principais liñas de traballo deste proxecto céntranse nos aspectos de modernización de pavimentos, execución de labores de conservación e mantemento, mellora da drenaxe, reposición dos servizos afectados polas obras e renovación da sinalización.
Seminario intensivo de defensa persoal feminina organizado pola Deputación da Coruña.
No Concello de Culleredo terá lugar o vindero 11 de decembro.
O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, reuniuse esta mañá de urxencia coa concelleira de Seguridade Cidadá, a fin de analizar os feitos e poñelos en coñecemento da Subdelegación para que durante esta semana mantéñase unha reunión para dar solución aos problemas de convivencia que se xeran entre os clientes dun local de hosteleria con licenza de lecer nocturno e os veciños da urbanización.
O Concello de Culleredo informa que procederá a cortar ao tráfico rodado nun sentido da circulación a rúa Condes de Andrade os vindeiros días 5 e 6 de novembro, venres e sábado respectivamente.
Hoxe, mércores 3 de novembro, comezaron as obras para a ampliación da vía DP-0510, estrada principal da parroquia de Orro. Os traballos terán unha contía de 1.067.267.71
O Concello de Culleredo acollerá unha nova edición dos seus cursos de micoloxía. A formación incluirá clases teóricas no Pazo de Vila Melania os días 10, 11 e 12 de 20:00 a 21:30 horas e unha saída en bus na procura de cogomelos a Torrelavandeira, o sábado 13 de 09:30 a 14:00 horas.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER