En marcha as 'Mañás de campamento' impulsadas polo Concello e con máis de 300 inscritos e inscritas

Desde o pasado 27 de xuño, 320 nenas e nenos de Culleredo xa gozan do programa Mañás de campamento, impulsado polo Concello e co que se busca facilitar a conciliación, así como dinamizar espazos formativos para aprender dunha maneira sa nun período non lectivo como é o verán.

Un dispositivo especial de seguridade regulará unhas festas de Vilaboa que comezan este sábado

Vilaboa vivirá desde este sábado, día 9 de xullo, e ata o martes 12, unha ampla programación nas festas patronais que organiza a Comisión. Agárdase a afluencia de miles de persoas de Culleredo e arredores, polo que os festexos contarán cun dispositivo especial de seguridade da Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil.

Pepe Viyuela impartirá un curso de clown os días 13, 14 e 15 de setembro en Culleredo

O coñecido actor e pallaso Pepe Viyuela impartirá un curso presencial de clown en Culleredo os días 13, 14 e 15 de setembro. Será no Edificio de Servizos Múltiples en horario de 16:00 a 20:00 horas a primeira xornada, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas a segunda e de 10:00 a 14:00 horas a última.

Culleredo acollerá a III Carreira Nocturna COFC o 9 de xullo

A proba solidaria desenvolverase ao longo de 5 quilómetros no paseo marítimo do Burgo

A 'fiesta pagana' de Mägo de Oz en Culleredo congregou a 10.000 asistentes

O evento puxo o broche de ouro a unhas intensas xornadas culturais e lúdicas. 

Aberto o prazo de preinscrición nas clases de iniciación á música no conservatorio ata o 8 de xullo

O día 12 de xullo publicarase a lista de admitidos e a matríiculación será do 1 ao 9 de setembro.

 

Culleredo acollerá no paseo do Burgo o Mercado Templario

Artesanía, alimentación, animación de rúa e moita música en directo do 30 de xuño ao 3 de xullo no paseo marítimo do Burgo.

O Concello de Culleredo participará na Campaña “LIBERDADE DE SER E SENTIR!” da Deputación da Coruña

A iniciativa traballa por visibilizar a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero e, co propósito de normalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais.

Culleredo volverá vibrar co Burgojazz

O evento desenvolverase do 1 ao 4 de xullo na aula da natureza Juan Lembeye do xardín botánico do Burgo.

Almeiras acolle este sábado o 39 Torneo de Chave Concello de Culleredo

Terá lugar este sábado, 25 de xuño, na rúa dos Presidentes, en Almeiras.

 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina