DecoKasa, con 356 votos, faise co primeiro premio do I Concurso de Escaparatismo

O Concello de Culleredo, mediante a área de Dinamización Local, fixo entrega esta mañá dos premios do I Concurso de Escaparatismo organizado pola Administración local. DecoKasa, con 356 votos, fíxose co primeiro galardón. Este ano articulouse mediante a páxina web www.omellorescaparatedeculleredo.gal, onde pode verse a galería de imaxes con todos os participantes.
 
Diego Requejo Estilistas, con 324 votos, ocupa o segundo lugar, mentres que Farmacia Roig, con 287 votos, o terceiro. O concelleiro de Comercio, Mario Iglesias, a concelleira de Cultura, Penélope López, e a técnico do  Concello, Ana  Outeruelo, fixeron entrega dos galardóns esta mesma mañá. Todos, ao unísono, coinciden no “gran nivel mostrado este ano”, cuxo contexto estivo marcado pola pandemia e recalcan a importancia de iluminar “a vida do comercio de Culleredo cunhas obras de tal calado”, insisten.
 
Premios
O primeiro premio será a montaxe de tres escaparates durante todo o ano 2021, por un profesional do sector do escaparatismo de recoñecido prestixio. O segundo premio consistirá na montaxe de dous escaparates durante todo o ano 2021, por un profesional do sector do escaparatismo de recoñecido prestixio. O terceiro premio, será a montaxe de un escaparate durante todo o ano 2021, por un profesional do sector do escaparatismo de recoñecido prestixio. Cada decoración está valorada en 300 euros.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina