Concertos con vida

O Concello de Culleredo impulsa unha programación cultural especial para este verán, adaptada ao contexto da COVID-19. Trátase do ciclo 'Concertos con vida', que se desenvolverá durante varios venres desde o 24 de xullo ata o 28 de agosto.

Os eventos seguirán o formato de concertos 'verticais'; realizaranse principalmente en espazos residenciais para que a veciñanza tamén poida seguilos desde as súas vivendas. Só un deles se levará a cabo nun espazo aberto; o parque de Celas, coa finalidade de achegar tamén o ciclo á zona rural.

O Concello organiza o ciclo cun protocolo especial de seguridade e protección con motivo da COVID-19. O aforo será reducido e delimitado, asegurando a distancia interpersoal, e efectuaranse controis de acceso.

 

  • 24 de xullo: Dani Royo, na praza de Sanjurjo de Carricarte, no Burgo.
  • 31 de julio: Black , na praza de Daniel Rodríguez Castelao, en Fonteculler.
  • 14 de agosto: Pepe Piña Versións, na praza da Sagrada Familia, en Vilaboa.
  • 21 de agosto: Pepe Piña Boleros, no parque da Torre de Celas.
  • 28 de agosto: O Intre, na praza do Paseo Tierno Galván, en Acea de Ama.


Todos os eventos serán ás 20:30 horas. No caso de choiva, os concertos trasladaranse ao auditorio do Edificio de Servizos Múltiples.
 

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina