Dotación de saneamento en Peiro de Abaixo e de Arriba

O Concello de Culleredo continúa coas súas actuacións de ampliación da rede de saneamento, dotando do servizo básico aos veciños. Na actualidade está a executar obras en Peiro de Arriba e Peiro de Abaixo para que as numerosas vivendas unifamiliares da zona dispoñan da rede.
 
Trátase dun proxecto cun investimento de 52.626 euros. En Peiro de Abaixo instálase un colector xeral de 446 metros de lonxitude, con once pozos de rexistro. En Peiro de Arriba instálase outro, de 210 metros de lonxitude con cinco pozos de rexistro.
 
O Concello tamén dota o servizo en Pozo da Cruz, en Celas, onde se instala a rede de recollida de fecais cunha contía de 20.000 euros.
 
O departamento de Obras que dirixe José Ramón Rioboo ten programadas novas actuacións de ampliación do saneamento en 2017. En concreto prevese un investimento de 275.000 euros.
 
Rioboo explica que as obras tratan de responder a demandas veciñais. Neste sentido, entre outros puntos, executaranse traballos en Vinxeira Pequena, Boedo, Os Condes, Conduzo, Outeiro, Souto, Cillobre e de Confurcos a Orro.
 
O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, destaca que os proxectos en servizos como o saneamento ou abastecemento son continuos en Culleredo polo seu "carácter fundamental" para o veciño.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina