O Concello organiza unha exposición fotográfica do traballo dunha veciña nun poboado xitano de Lugo

O Concello de Culleredo abre unha nova exposición na aula de Natureza do Xardín Botánico do Burgo. Nesta ocasión, a mostra exhibirá as fotografías dunha veciña do municipio, que relata con elas as súas vivencias no poboado xitano de O Carqueixo, en Lugo.

Rosa María Pérez, residente no Burgo, presenta "Miradas", unha exposición que  aproxima o fotoperiodismo e a reportaxe social, especialmente a través dos retratos dos pequenos da comunidade xitana.

Polo seu traballo como educadora infantil puido achegarse a eles e ás súas familias. Coa exposición, quere reflectir o modo de vida desa comunidade, centrándose nos máis pequenos (os seus soños, desexos, o  día a día),  sen deixar pasar por alto o contorna que os rodea.

A exposición será inaugurada polo Concello o venres, 8 de agosto, ás 20.30 horas. Desde esa data quedará aberta até o 6 de setembro no seguinte horario:

  • De luns a venres, de 18:00 a 21:00
  • Sábados, de 11:00 a 13:30 e de 18:00 a 21:00.


Curriculum

Rosa María Pérez Martínez formouse como técnico especialista en Xardín de Infancia, profesión na que traballa na actualidade.

Realizou tamén o Ciclo Superior de Fotografía Artística  na Escola de Arte Superior e Deseño "Ramón Falcón" de Lugo (2008-2010), realizando as prácticas no xornal El Progreso, de Lugo.

Realizou exposicións fotográficas no edificio Multiusos Xunta de Galicia, en Lugo (2005), ou no Concello de Oroso (2006).

No ano 2004 obtivo o 3º premio de fotografía de Nadal Ágora Lugo, e no ano 2010,  o 1º premio de fotografía Acertos e Desastres Arquitectónicos COAG (2010).

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina