O goberno de Culleredo suprime 13 taxas de certificados e documentos para facilitar os trámites aos veciños

O cotexo de documentación e a obtención de determinados certificados non levarán o pago de ningunha taxa aos veciños de Culleredo. O goberno municipal elimina un total de 13 epígrafes da ordenanza fiscal número 6 para facilitar os trámites coa administración municipal por parte dos cidadáns.

A medida nace co peche da única oficina bancaria que existía na capital municipal, Tarrío. Determinadas xestións e procedementos administrativos requiren o pago de diversas taxas, polo que o cidadán abandonaba a Casa do Concello e efectuaba os abonos no banco situado a poucos metros, para volver ao consistorio e continuar cos trámites.

Con todo, o peche desta oficina, producido a finais do mes pasado, obriga aos veciños a desprazarse desde a Casa do Concello ás sucursais sitas no Burgo ou Vilaboa e regresar a Tarrío. Isto supón unha importante traba para o usuario, que o goberno local que preside Julio Sacristán decidiuse a evitar.

Por iso, o equipo de goberno apostou por suprimir estas taxas e así evitar que o cidadán teña que acudir a un banco afastado do Concello para completar o procedemento.

O pleno da corporación aprobou de forma provisional esta modificación. Unha vez que supere o período de exposición ao público entrará en vigor. Os epígrafes eliminados versan sobre as compulsas de documentos, certificacións de empadroamento e certificados da secretaría xeral.

O goberno local optou por deixar de percibir unha contía próxima aos 4.000 euros anuais, que non supón un gran montante, e ofrecer as máximas facilidades aos veciños na realización das xestións.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina