Festa Xoven o sábado 30 de Agosto

Co motivo de clausurar as actividades de verán, o vindeiro sábado 30 deste mes, na parroquia de Castro-Laxe do concello de Culleredo, tense previsto celebrar unha festa dirixida especialmente a todos os mozos e mozas na que se contemplan actividades variadas durante toda a xornada.

Deste xeito están previstas que se realicen as seguintes:

10.00h: exhicicións de graffitis na ponte da autoestrada de Castro-Laxe
11.00h a 13.30h: xogos, obradoiros de música do mundo e de mimo, maquillaxe e desfraces para os rapaces e rapazas de 12 a 15 anos.
17.00h: pasarrúas con zancudos, música e malabaristas.
18.00h: obradoiros de percusión D´jembe, malabares e obradoiros de títeres e coiro, para os mozos e mozas maiores de 15 anos.
21.00h: Clausura de exhibición de graffitis e música d´js
21.30h a 22.00h Proxección de curtas
22.30h: CONCERTO Actuacións de grupos musicais locais: PANGEA, PULPO SOUND SYSTEM E SKARALLAOS.

Nesta actividade colabora a comisión de festas Castro-Laxe cuxa asociación pertence ao Consello Sectorial de mocidade. Salientar por outra banda, que estes eventos terán lugar en futuras edicións nas distintas parroquias do concello a fin de descentralizalas e darlles un carácter mais dinamizador e participativo para todos os mozos e mozas de Culleredo.

 

 

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina