Obra de teatro: Zardigot
04/05/2007 - 20:30
04/05/2007 - 22:00

 

Lugar: Edificio de Usos Múltiples de O Burgo 

Espello cóncavo

Sinopse

Zardigot é un alegato contra as guerras. Contra todas as guerras. A través da figura dunha muller,  Estrela, unha ama de casa sen máis inquedanzas que a súa familia, asistimos á transformación e posterior destrución do seu entorno personal e social. Unha guerra fraticida, de exterminio, que racha con todos os valores de convivencia e que extrae o peor da condición humana: a violencia irracional. Ao través do exilio de Estrela vemos como a guerra é especialmente cruel cos febles e indefensos, cos vellos, coas mulleres...Tampouco ela salvarase. É unha muller.

Autor: Euloxio Ruibal

Dirixe: Arturo López

Xénero: teatro contemporáneo

Público: adulto

Duración: 90 min.

Prezos: Xeral:  3,5 €               

Carné xove, Estudantes, Maiores de 65 anos: 1,75 €