|
O Concello de Culleredo abre o prazo de inscrición para os obradoiros Enredadas 2.0
Dentro do programa de traballo 2012 do Centro municipal de información á muller (CIM), a Concellaría de Igualdade dirixida pola nacionalista Rocío Sampedro, organiza os primeiros obradoiros Enredadas 2.0, cursos básicos de iniciación ao uso de internet, correo electrónico e redes sociais.
A actividade ten como obxectivo o de facilitar e incrementar o uso das TICs no colectivo de mulleres, ao mesmo tempo que fomentar a súa visibilidade en internet grazas ao uso de ferramentas 2.0. Deste xeito preténdese contribuír a diminuír a brecha dixital entre mulleres e homes, proporcionándolles a elas uns coñecementos básicos. As destinatarias da iniciativa son mulleres, maiores de 25 anos, empadroadas en Culleredo, en situación de desemprego, e con mínimos coñecementos de informática. A organización dos obradoiros desenvolverase do seguinte xeito: Obradoiro 1: Xornada de mañá As clases serán impartidas polo docente Juan Montull, especialista en formación no ámbito das TICs, e terán un carácter gratuíto. As inscricións faranse no Centro de información á muller (CIM), na Costa da Lonxa nº 7 en O Burgo, e a información facilitarase no teléfono 981 663 922. |