Oficina municipal do voluntariado (OMVOL)
 

¿Que é a Oficina municipal do voluntariado (OMVOL)?

É unha entidade de acción voluntaria integrada no Plan Galego de Voluntariado e regulada pola Lei 3/2000, do voluntariado de Galicia.

¿Quen é unha persoa voluntaria?

É toda persoa física que, de modo libre, altruísta e responsable, realiza actividades a favor de persoas ou de interese colectivo no seo de entidades de acción voluntaria, públicas ou privadas, sen ánimo de lucro e sen percibir ningún tipo de contraprestación económica.

¿Quen pode ser persoa voluntaria?

Toda persoa maior de 18 anos ou 16 con autorización sensible coas problemáticas da comunidade e sen que sexa imprescindible unha formación académica anterior. Tan só é necesario dispoñer dalgún tempo para desenvolver algunha acción voluntaria e o compromiso persoal de levala a cabo.

¿Como podo contactar coa OMVOL para facerme persoa voluntaria ou solicitar os servizos do voluntariado?

Podes solicitar información no teléfono 981.654.588 ou persoalmente na Casa da Mocidade: rúa Alfonso VII, nº 1, O Burgo.

Horario de atención ao público:

Luns de 17:00 a 20:00 h.

Xoves de de 11:00 a 14:00 h.

As persoas interesadas en voluntariado poden acudir á oficina ou ben chamar ao teléfono 981.654.588 de 17:00 a 21:00 h. para solicitar cita.

¿En que espazos podes facer voluntariado?

   Cartel oficiña de voluntariado