Oficina municipal do voluntariado (OMVOL)

¿Que é a Oficina municipal do voluntariado (OMVOL)?

É unha entidade de acción voluntaria integrada no Plan Galego de Voluntariado e regulada pola Lei 10/2011, de acción voluntaria

¿Quen é unha persoa voluntaria?

É toda persoa física que, de modo libre, altruísta e responsable, realiza actividades a favor de persoas ou de interese colectivo no seo de entidades de acción voluntaria, públicas ou privadas, sen ánimo de lucro e sen percibir ningún tipo de contraprestación económica.

¿Quen pode ser persoa voluntaria?

Toda persoa maior de 18 anos ou 16 con autorización dos seus pais ou titores, sensible coas problemáticas da comunidade e sen que sexa imprescindible unha formación académica anterior. Tan só é necesario dispoñer dalgún tempo para desenvolver algunha acción voluntaria e o compromiso persoal de levala a cabo.

¿Como podo contactar coa OMVOL para facerme persoa voluntaria ou solicitar os servizos do voluntariado?

Podes solicitar información no teléfono 981664204 Whatsapp ao 620008450, ou correo electrónico omvol@culleredo.es ou persoalmente no Centro de Formación “Pablo Picasso” sito na rúa Antonio Machado, s/n 15670 O Burgo Culleredo

Horario de atención ao público:

Tamén podes inscribirte como persoa voluntaria no seguinte enlace  

Formulario de inscrición como voluntario/a