Culleredo apoia ás familias na labor de conciliación á vez que prevén o fracaso escolar

Culleredo abre o prazo de matrícula para inscribirse nas actividades do Programa Ponte a punto: programa de apertura de centros escolares públicos en horario non lectivo. En concreto, o alumnado de 5º e 6º de primaria, así como o de 1º e 2º de secundaria, poderán inscribirse en dúas actividades denominadas "RefórzaT", consistente no apoio á aprendizaxe de hábitos de estudo, e "ConciénciaT", actividade para potenciar o ensino das ciencias e as matemáticas cunha metodoloxía divertida.

As actividades desenvolveranse nos centros educativos: Isaac Díaz Pardo, Sofía Casanova, Ría do Burgo, Tarrío e Eduardo Branco Amor, aínda que o programa vai dirixido a todo o alumnado empadronado en Culleredo. O prazo de matrícula permanecerá aberto ata o día 25 de febreiro e esta se formalizará no departamento municipal de educación situado no Conservatorio profesional de música.

Con esta nova iniciativa, financiada en parte pola Consellería de Educación, o Concello e a concellaría que dirixe Carmen Varela, pretende:
1. Apoiar ás familias no labor de conciliación da vida familiar e laboral, alargando os tempos de apertura dos centros escolares.
2. Fomentar o éxito escolar mellorando o rendemento do alumnado de Culleredo.

Os grupos e horarios das actividades son os seguintes: 
 

OFERTA DE OBRADOIROS EN EDUCACIÓN PRIMARIA (5º e 6º):

 

CENTROS

OBRADOIROS

DÍAS

HORARIOS

Nº DE PRAZAS

CEIP Isaac Díaz Pardo

RefórzaT

Luns e mércores

16:00-18:00

15

ConCiénciaT

1º e 3º venres de mes

15

CEIP Sofía Casanova

RefórzaT

Luns e mércores

16:00-18:00

15

ConCiénciaT

1º e 3º venres de mes

15

CEIP Ría do Burgo

RefórzaT

Martes e xoves

16:00-18:00

15

ConCiénciaT

2º e 4º venres de mes

15

CEIP Tarrío

RefórzaT

Martes e xoves

16:35-18:35

15

ConCiénciaT

2º e 4º venres de mes

15

 

OFERTA DE OBRADOIROS EN EDUCACIÓN SECUNDARIA (1º e 2º):

 

CENTROS

OBRADOIROS

GRUPOS

DÍAS

HORARIOS

Nº DE PRAZAS

IES EDUARDO BLANCO AMOR

RefórzaT

Grupo 1- 1ºESO

Martes e xoves

16:00-18:00

15

Grupo 2- 1ºESO

Mércores e venres

16:00-18:00

15

Grupo 3- 1ºESO

Martes e xoves

16:00-18:00

15

Grupo 4- 2ºESO

Mércores e venres

16:00-18:00

15

Grupo 5- 2ºESO

Martes e xoves

18:00-20:00

15

Grupo 6- 2ºESO

Mércores e venres

18:00-20:00

15

IES EDUARDO BLANCO AMOR

ConCiénciaT

Grupo 1- 1ºESO

1º e 2º sábado de mes

11:00-13:00

15

Grupo 2- 1ºESO

2º e 4º sábado de mes

15

Grupo 1- 2ºESO

1º e 2º sábado de mes

15

Grupo 2- 2ºESO

2º e 4º sábado de mes

15

 

Para más información ver os arquivos que se achegan.

AdxuntoTamaño
Díptico Ponte a Punto Exterior.pdf 829.66 KB
Díptico Ponte a Punto Interior.pdf 811.52 KB