Actividade Municipal

Excursión a Agolada

O sábado 12 de maio hai programada unha excursión a Agolada (Pontevedra), pertencente ao programa Clube +65 de Dinamización Comunitaria. 
 

Feira de Artesanía de Culleredo

O vindeiro 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, terá lugar outra edición máis da Feira de Artesanía do Concello de Culleredo, que se celebrará na Praza Europa do Burgo. 

 

Excursión a Ribeira e Rianxo

O sábado 14 de abril levarase a cabo unha excursión a Ribeira e Rianxo, dentro do programa de actividades do Club+65, de dinamización comunitaria

Presentación da Asociación de Dano Cerebral Adquirido de A Coruña

Este mércores ás 18 horas o Pazo de Vila Melania acollerá a xornada de presentación da Asociación de Dano Cerebral Adquirido de A Coruña (ADACECO).
 

Saída ao balneario das Augas Santas (Pantón)

O próximo 6 e 7 de marzo o Concello de Culleredo, dentro do seu programa de Dinamización Comunitaria, organiza unha saída ao balneario das Augas Santas, en Pantón. 

Obradoiros de Nadal

Os obradoiros de Nadal terán 2 tramos de idade, por unha banda de 5-11 anos con opcións en Villa Melania e Fonteculler, e pola outra as actividades para mozos de 12-17 anos agrupadas no 'Nadal Xove' que terán lugar en Fonteculler.  Todos se celebran os días 27, 28 e 29 de decembro.

Programa de actividades de Nadal

O programa de actividades de Nadal do Concello de Culleredo propón unha variada oferta para os nenos e nenas do municipio. Desde campamentos ou campus deportivos ata contacontos, obradoiros ou teatro; ademais das ineludibles visitas do Apalpador, Papá Noel e dos Reis Magos.

Consulta toda a información no programa adxunto.

Fe de erratas:

  • 22 de decembro: o 'Trono de Papá Noel' non se celebrará no Centro Social Municipal Fonteculler e si que terá lugar na Praza de Santa Gema.
  • 23 de decembro: non se celebrará a recollida de cartas de Papá Noel.

Inauguración exposición Mocidade e Arte en Culleredo

Aula de Natureza “Juan Lembeye” do Xardín Botánico do Burgo. 20.00 h:

Inauguración da exposición Mocidade e Arte en Culleredo, II. Alumnos/as do taller de Lola Beade. Ata o 5 de xaneiro de 2018.

Actividades infantís nas bibliotecas en decembro

Xa se publicou o programa de actividades infantís de novembro para as bibliotecas municipais 'Manuel González Garcés' (O Burgo) e 'Xosé Cardeso Liñares' (Vilaboa). Todas as semanas deste mes os nenos e nenas do Concello de Culleredo disporán dunha ou varias propostas de ocio.

Campamentos de Nadal do Concello de Culleredo

Do 22 de decembro ao 5 de xaneiro os mozos e mozas de Culleredo con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos poderán gozar dos Campamentos Recíclate no Nadal, que terán lugar no CEIP Isaac Díaz Pardo.

 

Sede electrónica

Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...

Acceder a los servicios

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina