Tablón Oficial

Listaxes de preinscritos nas actividades de benestar social 2017-2018

O Concello de Culleredo publica as listaxes da preinscrición nas actividades de benestar social correspondentes á tempada 2017-2018.

Listaxe de preinscritos nas actividades culturais e deportivas 2017-2018

O Concello de Culleredo publica as listaxes de preinscritos/as nas actividades culturais e deportivas convocadas para a tempada 2017-2018. Nos casos de máis solicitudes que prazas efectuarase un sorteo público o martes 26 de setembro ás 10.00 horas no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.

Ampliación prazo de xustificación subvencións 2017

En relación coa convocatoria de subvencións a municipais, destinadas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro do termo municipal de Culleredo para o ano 2017, ponse en coñecemento dos interesados que o prazo de presentación da documentación xustificativa das subvencións concedidas amplíase ata o 16 de outubro de 2017.

I Memorial "Tino Poza" de Artes Plásticas

Xa hai data e cartel do primeiro Memorial "Tino Poza" de Artes Plásticas, evento co que o Concello de Culleredo quere homenaxear ao que foi concelleiro durante 28 anos, sendo un dos principais promotores da actividade cultural no municipio. Será o sábado 7 de outubro no Xardín Botánico do Burgo.

Concurso de fotografía para a mocidade

O Concello estrea concurso de fotografías dirixido aos mozos. Búscase que plasmen elementos do patrimonio natural, cultural, social ou deportivo de Culleredo, desde a súa propia visión. O prazo para presentarse está aberto ata o 1 de outubro.

O venres 22 de setembro, teatro en Culleredo

A actividade cultural do Concello de Culleredo seguirá o venres 22 de setembro cunha nova obra de teatro de máxima calidade. Será "Misterio cómico", de Teatro do Morcego, ás 20.30 horas no auditorio do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.

Actividades 2017-2018 de Cultura, Deporte e Benestar social

O Concello de Culleredo lanza a súa programación anual de actividades culturais, deportivas e sociais para o novo curso. O prazo para efectuar a preinscrición iníciase este luns, 11 de setembro, e pecharase o día 15. Deberá realizarse nos rexistros municipais e adxudicación será por sorteo.

O Conservatorio abre un novo prazo de preinscrición en Iniciación II

O Conservatorio Profesional de Música de Culleredo informa da apertura dun novo prazo para a preinscrición en Iniciación II. Comprenderá entre o 1 e o 8 de setembro.

Obradoiros de arte para nenos/as con Luisa Valdés

O Concello de Culleredo oferta para o mes de agosto obradoiros de arte para nenos e nenas. Serán impartidos pola artista Luisa Valdés. A inscrición ábrese o luns 10 de xullo.

Sorteo de prazas para o campamento de verán da Deputación da Coruña

O Concello de Culleredo informa de que o sorteo das prazas para participar no campamento deportivo de verán da Deputación da Coruña terá lugar o luns 10 de xullo ás 10.00 horas no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo (sala de vídeo).

Será un acto público.

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina