O Paseo Marítimo do Burgo acollerá a 1ª Carreira e Andaina Solidarias polo Parkinson

A Asociación de Parkinson Galicia-Coruña, xunto co Concello de Culleredo e Castelo Deportes, organiza a I Carreira e Andaina Populares polo Parkinson. A proba terá lugar o domingo 22 de outubro a partir das 10:30 horas na Ría do Burgo e o obxectivo é recaudar fondos para loitar contra a enfermidade.
 
A carreira conta cunha distancia total de 9 quilómetros e disporá, mediado o percorrido, dun avituallamento líquido que se complementará cuns alimentos saudables ao remate da actividade. Tódolos/as participantes poderán coñecer os seus tempos grazas aos microchips dispostos pola
organización, que tamén agasallará cunha camiseta. Ademais, estarán cubertos por un seguro
de accidentes.
 
Tamén se fará unha andaina de 2 quilómetros, na que os participantes poderán acompañar a
os/as nosos/as usuarios/as. Pretende ser unha andaina inclusiva na que poidan participar
todas as persoas; con mobilidade reducida, en cadeira de rodas, persoas acompañadas por
animais de compañía, etc. Os menores de 8 anos poderán inscribirse de forma gratuita.
 
A recollida de dorsais efectuarase no Decathlon Oleiros dende o 19 de outubro as 16
horas ata o 21 de outubro as 14 horas. O mesmo día da carreira de 9 a 10 horas
habilitaranse unhas mesas para poder recollelos no paseo do Burgo. As probas darán
comezo ás 10.30 horas, nas instalacións situadas ao pé da ría, na zona das pistas polideportivas
no paseo marítimo da ría do Burgo.
 
Ao remate da carreira terá lugar un pequeno acto presentado por Xosé Ramón
Gayoso, e amenizado por Fernando Pujalte, coa súa discobici “Lili cleta” no que se fará un
sorteo de agasallos para todos os participantes.
 
Consulta o percorrido:

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina