O Olímpico de Rutis, vencedor do XL Trofeo de Fútbol Afeccionado do Concello

Tras unha competida final o Olímpico, que adestra Miguel Corral, fíxose co triunfo no XL Trofeo de Fútbol Concello de Culleredo Afeccionados ao gañar no partido decisivo ao Portazgo por 2-0. O campo do Rutis acolleu o pasado sábado este partido que decidía unha competición na que participaron tamén a UDJ Almeiras, a AD Culleredo e o equipo B do Olímpico.
 
A competición desenvolveuse desde o 11 de agosto con cruces repartidos en dous grupos. O Olímpico A e o Portazgo foron os mellores nos seus respectivos grupos accedendo así á final.
 
O alcalde en funcións, José Ramón Rioboo, e o concelleiro de Deportes, Miguel Suárez, foron os encargados de facer entrega dos trofeos aos diferentes equipos participantes nesta competición cullerdense.
 
 
Os Veteranos xogan a final o venres
 
A categoría Veteranos alcanza este ano a súa vixésima edición co concurso de Portazgo SD, Almeiras, Sporting Burgo, Olímpico e Fontemaior que xa se gañou o seu sitio na final ao erixirse campión do grupo A. O partido decisivo xogarase o venres 1 de setembro ás 21:00 horas no Campo do Burgo. O rival do Fontemaior sairá do encontro que teñen pendente de disputar as escuadras do Olímpico e o Portazgo.
 
 
O Sporting Burgo, campión infantil
 
En categoría Infantil a competición centralizouse na mañá do sábado a modo de triangular con partidos a media parte. O maior número de goles a favor fixo gañador ao Sporting Burgo que empatou a vitorias co Olímpico, subcampión. O terceiro posto ocupouno o Portazgo SD.

Sede electrónica

Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...

Acceder a los servicios

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina