A Ártabra xuntou a 450 ciclistas polos montes de Culleredo

Culleredo acolleu o domingo 23 de febreiro a Ártabra, unha durísjma travesía ciclista de 81 quilómetros, ou 48 no percorrido curto, polos montes da Zapateira, Bregua, Santa Leocadia e Xalo.

O estado dos camiños, saturados de auga e barro, achegou un plus de dureza a unha proba que, no seu percorrido longo, tivo un desnivel acumulado de máis de 3.000 metros.

Deste xeito, con 450 ciclistas inscritos, a edición de 2014 da marcha de bicicleta de montaña do Club Ciclista Riazor, en colaboración co Concello de Culleredo, transcorreu segundo o previsto.

Polo demais, a iniciativa solidaria organizada en colaboración co Fondo Municipal de Alimentos de Culleredo permitiu recadar máis de 200 litros de leite, achegados voluntariamente polos participantes.

Os ciclistas da Ártabra representaron a 51 clubs de catro comunidades autónomas: Galicia, Asturias, Cantabria e Estremadura. A organización mobilizou a 70 voluntarios, a maior parte deles socios do Riazor, ademais de efectivos de Protección Civil e Policía Local dos concellos de Culleredo e Arteixo.

Roberto Rilo, presidente do club, felicitou a todos os participantes e agradeceu o apoio do Concello de Culleredo e dos patrocinadores da Ártabra: Bicicletas Aran, Bici Total, Ciclos Quintena, Coca-Cola, Codan, Decathlon, Fripor, Gadis e Nutrisport.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina