Culleredo recibirá 500 ciclistas na VII Pedalada Ártabra, que doará leite ao Fondo Municipal de Alimentos

Os montes de Culleredo acollerán o domingo unha nova edición da Pedalada Ártabra, proba de Cicloturismo-BTT (Bicicletas Todo Terreo), que contará coa participación de case 500 persoas. O Club Ciclista Riazor e o Concello de Culleredo, organizadores do evento, presentaron hoxe a proba.

A organización dispuxo esta edición, a sétima, de dous percorridos: a travesía, cunha lonxitude de 80 quilómetros, e a pedalada, de 48 quilómetros, que levará aos ciclistas por carreiros de montaña.

A proba discorrerá pola contorna rural do municipio. Os participantes gozarán das paisaxes de montaña en zonas como A Zapateira, Orro, Boedo ou Bregua. A saída está prevista ás 9.00 horas desde o polideportivo municipal de Tarrío.

Esta edición, como gran novidade, o Club e o Concello apostaron por introducir unha compoñente solidaria. Aproveitando a recente creación do Fondo Municipal de Alimentos de Culleredo, cada un dos preto de 500 deportistas achegarán un litro de leite ás reservas, que despois serán distribuídos entre os cidadáns con necesidade no termo.

O concelleiro de Deportes, Miguel Suárez, que estivo acompañado na presentación de Roberto Rilo e Óscar García, responsables do Club Ciclista Riazor, agradeceu a doazón de alimentos que promove a proba. O edil está "convencido" de que desde o mundo do deporte débese tamén achegar un gran de area á realidade social actual.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina