Os pequenos cullerdenses descobren o funcionamento do Concello

Os nenos revolucionaron a casa consistorial de Culleredo. O Concello abriu as súas portas aos escolares, na actividade denominada “A Constitución e a administración local”, organizada pola Concellería de Educación, para achegar a administración de forma didáctica aos rapaces.

Hoxe tivo lugar a derradeira das tres xornadas que abarcou a actividade. En total, o número de participantes foi de 206 alumnas e alumnos de 4º de Educación Primaria, que acudiron acompañados dos seus titores, cos colexios CPR Plurilingüe Andaina, CEIP Sofía Casanova, CEIP Plurilingüe Tarrío, e CEIP Ría do Burgo.

Os alumnos foron recibidos en primeiro lugar no salón de plenos pola concelleira de Educación, Carmen Varela. A actividade comezou cunha sesión didáctica xeral sobre o Concello de Culleredo. Logo chegou o momento máis dinámico. Divididos en pequenos grupos, os escolares debían averiguar como se organiza o Concello, as súas áreas, persoal, funcións de cada departamento, ou os órganos de goberno.

Para iso recorreron a casa consistorial realizando unha serie de preguntas a políticos e funcionarios. Ademais, aprenderon como e para que se pode presentar unha instancia.

Algún dos grupos puido visitar ao alcalde, Julio Sacristán, no seu despacho. Con enorme entusiasmo, os nenos formuláronlle unha morea de preguntas ao rexedor nos 20 minutos que dispoñían.

“Vaise presentar as seguintes eleccións?” foi a primeira das cuestións. Os rapaces interrogáronlle acerca do bus escolar, da limpeza da ría, das casas construídas o ano pasado, da maquinaria do Concello e mesmo sobre se tiña “guardaespaldas”.

De especial interese para os nenos resultou coñecer a aplicación para móbiles coa que conta o Concello. O alcalde ensinoulle como acceder a ela e enviar avisos e suxerencias aos servizos municipais. Os nenos aseguraron que a descargarían ao chegar á casa.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina