Educación

Día Escolar pola Paz e a Non Violencia

A radio converterase o vindeiro luns nun medio educativo para os escolares de Culleredo. O Concello celebrará o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia abrindo as instalacións da emisora municipal a 98 alumnos de 4º de Educación Primaria dos colexios Isaac Díaz Pardo, no Burgo, e de Tarrío.

Culleredo celebra o Día Escolar pola Non Violencia co programa radiofónico “Ondas de paz”

O Concello celebrará o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia abrindo a emisora municipal a 98 alumnos de 4º de Educación Primaria dos colexios Isaac Díaz Pardo e de Tarrío. Converteranse en  locutores e guionistas do programa denominado “Ondas de Paz”, que se poderá escoitar de 12.30 a 13.00 horas.

Nova edición da Escola de Nais e Pais

cartel escolaO Concello de Culleredo acaba de abrir a inscrición para unha nova edición da Escola de Nais e Pais, que se desenvolverá desde este mes de novembro até xuño do próximo ano. O obxectivo consiste en proporcionar ferramentas aos proxenitores para a educación dos fillos e fillas.

Prevención del fracaso escolar: Programa Ponte a Punto

Ponte a puntoPrograma de apertura de centros educativos públicos de Culleredo fuera del horario lectivo"

O Concello mellora os centros educativos de cara ao novo curso

Escola de SésamoO Concello de Culleredo traballa na mellora da escola de Sésamo, que acollerá aos alumnos de O Curro debido á ampliación da pista de Alvedro. En total, o goberno local destina 80.000 euros a efectuar arranxos nos centros educativos do municipio.

Bocatas saudables nos campamentos de Culleredo

Campaña saudableO Concello de Culleredo desenvolveu a campaña "Ponlle as pilas ao teu bocata" nos campamentos que desenvolve nos colexios Isaac Díaz Pardo e Sofía Casanova.

Culleredo continúa ofertando apoios ás familias na súa tarefa de conciliar

A Concellaría de educación de Culleredo ten aberto o prazo de matrícula para os meses de xullo e agosto, para inscribirse nas actividades do Programa Ponte a punto: programa de apertura de centros escolares públicos en horario non lectivo.

II Concurso de Fotografía Medioambiental para escolares

IES Blanco Amor

A Concellería de Educación entregou os premios do “II Concurso Concello de Culleredo de Fotografía Medioambiental para escolares”. Esta iniciativa pretende concienciar e sensibilizar a comunidade escolar sobre as causas, efectos e solucións asociadas ao cambio climático e á
perda da boidiversidade, e con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente.

O IES Universidade Laboral recibe a estudantes de Alemaña e Inglaterra

Recepción aos estudantesO IES Universidade Laboral de Acea de Ama participa nun programa europeo con alumnos de Alemaña e Inglaterra. O proxecto enmárcase na área de estudo da eficiencia enerxética.

A AMPA do CEIP Ría do Burgo estreou a nova polideportiva cuberta

AMPA Ria do Burgo

O AMPA do CEIP Ría do Burgo, situado na Corveira, celebrou o sábado
pasado o seu primeiro acto nas novas instalacións levantadas polo
Concello. O polideportivo cuberto acolleu a festa de fin de curso.