Éxito de participación no primeiro Campus de Patinaxe Artística

O Concello de Culleredo potenciará a práctica de patinaxe artística entre os veciños. O venres finalizou a primeira edición do campus de patinaxe, organizada polo recentemente creado Club Aura e o Concello.

A estrea desta actividade estival reuniu a medio centenar de pequenos cullerdenses, de diferentes idades e niveis, que hoxe exhibiron o aprendido aos seus proxenitores no acto de clausura do campus. Unha coreografía acompañada a ritmo da música conformou a actuación que recibiu o sonoro aplauso do público.

As calidades que promove esta modalidade deportiva e o interese demostrado no municipio levan ao Concello de Culleredo a ampliar as opcións de práctica para os veciños na programación deportiva do curso que agora comeza. O goberno local estreará actividade de patinaxe artística para adultos, que se unirá á levada a cabo para os pequenos.

A inscrición na iniciativa terá lugar na última semana do mes de setembro. Previamente, o Concello dará a coñecer a oferta completa.

Á clausura do campus de patinaxe acudiron o concelleiro de Deportes, Miguel Suárez, e a concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, que felicitaron aos pequenos pola súa participación e fixéronlles entrega dun diploma conmemorativo.
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina