O campus de verano de Baloncesto Culleredo chega á su X edición

O Club Baloncesto Culleredo celebra este verán o X aniversario do seu Campus de Verán, co que colabora o Concello de Culleredo. Esta efeméride fai que esta edición sexa moi especial para os seus organizadores, que ofertan un campus con moito baloncesto pero tamén moitas actividades cargadas de dinamismo e diversión.

A directiva do Club Baloncesto Culleredo, entre os que se atopaba o seu presidente Paco Botas, e o concelleiro de Deportes, Miguel Suárez, presentaron este X Campus, que se desenvolverá no polideportivo do Burgo de luns a venres, desde o 24 de xuño ata o 5 de xullo, en horario de 9.30 a 18.30 horas. Está dirixido a mozos e mozas de 5 a 16 anos de idade.

Os participantes poderán gozar de actividades variadas, pensadas para todos os centros de interese. Poderase practicar desde a escalada no rocódromo ata o rodamiento en Zorbing, o deslizamiento na tirolina, moverse coa capoeira e outros bailes, ou un día atarefado nos tobogáns do Aquapark de Cerceda.

O X Campus de Verán do Club Baloncesto Culleredo é para o club o merecido premio por un ano de esforzo, para pechar o curso e a tempada 2012-13, e para dar paso a un fantástico período de vacacións de verán.

O Club apostou na presentación por promocionar un deporte tan saudable e que implica un xogo cooperativo como o baloncesto. Destacou que se trata dunha opción moi proveitosa e educativa para comezar o verán como un hábito de práctica deportiva ao aire libre.

Pola súa banda, o concelleiro de Deportes resaltou o "amplo abanico horario" do campus, ao que considera unha opción "excelente" para que os nenos pasen parte do verán. Animou a participar na actividade e felicitou ao Club pola iniciativa, que ademais de impulsar o deporte san, propicia unha posibilidade de conciliación, algo "fundamental" para moitas familias

As inscricións poderanse realizar na polideportiva do Burgo (en horario de martes e xoves, de 18.00 a 20.00 horas) ou a través da páxina web do club (www.cbculleredo.es) . Para maior información, os interesados poden chamar ao teléfono 606 148 460 ou enviar un correo electrónico a cbculleredo@cbculleredo.es.
 

Vista previaAdjuntoTamaño
diptico_cbc_hojas_interiores.pdf1.46 MB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina