Aberta a inscrición no IX Campus de Baloncesto "Verán Culleredo"

presentación do campus

O municipio de Culleredo acollerá no verán un campus de baloncesto dirixido aos máis pequenos. Trátase da novena edición do Campus de Baloncesto "Verán Culleredo", organizado polo Club Baloncesto Culleredo en colaboración co Concello e co centro comercial GADIS Híper, do Burgo.

O presidente do Club Baloncesto Culleredo, Paco Botas, presentou, acompañado da concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, e o xerente de GADIS Híper O Burgo, Guillermo Galego, o campus, nun acto que tivo lugar nas propias instalacións comerciais de GADIS Híper. Á presentación tamén acudiron varios xogadores do club, que quixeron apoiar coa súa presenza á organización da actividade.

O IX Campus de Baloncesto terá lugar do luns 25 de xuño ao venres 29, é dicir, a primeira semana de vacacións do verán. Desta forma, quérese ofrecer unha alternativa para o tempo libre dos nenos nunha semana especialmente complicada para atopar opcións.

Os destinatarios son nenos e nenas nacidos entre 2000 e 2006, é dicir, entre 6 e 12 anos de idade. Aínda que as principais actividades que se desenvolverán versarán sobre baloncesto, o campus incluirá outro tipo de iniciativas como xogos alternativos, concursos, excursións ou programas na piscina.

O campus terá lugar no Burgo. Na contorna do CEIP Isaac Díaz Pardo desenvolveranse as actividades ao aire libre; no pavillón polideportivo do Burgo, as actividades en pista; no centro acuático Aquama aproveitaranse a piscina de ondas e  os tobogáns de auga; e na Residencia "Cruceiro Baleares"  terá lugar a comida, incluída.

O horario do campus comprenderá desde as 10.00 até as 19.00 horas. Haberá opción á sesión de almorzo (entre as 8.30 e as 10.00 horas) con obxecto de facer compatible os horarios de traballo e a asistencia á actividade.

O prezo de inscrición é de 80 euros para os abonados ao club, 90 euros para os xogadores do club, e 100 euros para o resto. Establécese un desconto por irmáns de 15 euros. A opción do almorzo implica unha cota de 20 euros a maiores.

Todos os participantes no campus recibirán unha camiseta conmemorativa. Ao termo da actividade entregarase un diploma de asistencia así como diversos agasallos, como unha pelota oficial Baden 5.

O presidente do Club apostou na presentación por promocionar un deporte tan saudable e que implica un xogo cooperativo como o baloncesto. Destacou que se trata dunha opción moi proveitosa e educativa para comezar o verán como un hábito de práctica deportiva ao aire libre.

Pola súa parte, a concelleira de Cultura resaltou o "amplo abanico horario" do campus, con dez horas e media de actividade continua. Animou a participar na actividade e felicitou ao Club pola iniciativa, que ademais de impulsar o deporte san, propicia unha posibilidade de conciliación da vida familiar e laboral, algo "fundamental" para moitas familias.

Para maior información e para realizar a inscrición, os interesados poden dirixirse á polideportiva do Burgo en horario de martes e xoves, de 18.00 a 20.00 horas. Tamén se pode contactar a través do correo electrónico cbculleredo@cbculleredo.es e do teléfono 606 148 460. O prazo de inscrición xa está aberto e finaliza o xoves 14 de xuño.
Vista previaAdjuntoTamaño
campus.pdf 455.2 KB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina