|
II Concurso de Fotografía Medioambiental para escolares
A Concellería de Educación entregou os premios do “II Concurso Concello de Culleredo de Fotografía Medioambiental para escolares”. Esta iniciativa pretende concienciar e sensibilizar a comunidade escolar sobre as causas, efectos e solucións asociadas ao cambio climático e á perda da boidiversidade, e con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente. A concelleira Carmen Varela foi a encargada de entregar os premios: cámaras de fotos para os gañadores e diplomas para todos os participantes. O xurado concedeu, este curso escolar, os seguintes premios conforme a categoría e modalidade:
Gañadora: Rebeca González Balado coa fotografia: “Unha bela paisaxe invernal”, de 6º de primaria do CEIP Ría do Burgo Primeira finalista: Celia García Álvarez coa fotografía: “Dous mellor que un”, de 6º de primaria do CEIP Ría do Burgo Segunda finalista: Nadia María Justo García coa fotgrafia: “A xoaniña amiga da flor”, de 6º de primaria do CEIP Ría do Burgo Modalidade 2: imaxes de conservación ou deterioro medioambiental Gañadores : Alumnado 5º de primaria coa fotografía: “Amor á natureza”, do CEIP I. Díaz pardo Primeira finalista: Lorena Suárez Allegue coa fotografía:“Co lixo non se alimentan os peixes”,de 6º de primaria do CEIP Ría do Burgo Segunda finalista: Sandra Castro Hermida coa fotgrafia: “Que árbore tan cotilla”,de 6º de primaria do CEIP Ría do Burgo
Gañador: Mauro Baños Calvo coa fotografia :“Piñata Natural”, 3º de ESO do IES Blanco Amor Primeira finalista: Andrea Domínguez Suárez coa fotografia:“A cascada”, 3º de ESO do IES Blanco Amor
Segunda finalista: Lucía Calviño Quijeiro coa fotografia:“Non hai mal que por ben non veña”, 3º de ESO do IES Blanco Amor
Modalidade 2: imaxes de conservación ou deterioro medioambiental Gañador : Aarón Barreira Diz coa fotografía:“A vinganza da natureza”,3º de ESO do IES Blanco Amor Primeira finalista: Laura Sandá Rosende coa fotografia:“Eles tamén sofren”,3º de ESO do IES Blanco Amor Segunda finalista: Carlos Pereira Vergara coa fotografia:“Afluente peculiar”,3º de ESO do IES Blanco Amor.
|