O Concello inicia o concurso de disfraces online "Culleredo Choqueiro"

O Concello de Culleredo xa ten aberta a participación no seu concurso en liña de disfraces. Baixo a denominación de “Culleredo Choqueiro”, a iniciativa busca ofrecer unha alternativa para conmemorar esta festa tan arraigada no municipio.

Poderase participar a través das redes sociais do Concello, subindo fotos disfrazados. Haberá dúas categorías: menores de 18 e adultos. Os premios serán tablets, libros e material didáctico. As instrucións para participar poderanse consultar nas redes e na web municipal.

Os veciños poderán subir a súa foto ás redes sociais ata o martes 16 para participar no certame. Os gañadores decidiranse desde ese día e ata o 21 por votación dos propios usuarios das redes.

A situación sanitaria orixinada pola pandemia impide a celebración presencial como é habitual cada ano en Entroido e por iso o goberno municipal aposta por unha variada oferta a través das redes sociais para animar aos veciños nestes complicados momentos.

Ademais do concurso, os pequenos serán os principais protagonistas da programación municipal. Mañá venres 12 as redes municipais ofrecerán un taller de maquillaxe e o sábado 13 outro taller de creación de máscaras.

O luns 15 chegará a quenda de Cullerchef coa publicación dunha das súas receitas para facer en familia. E o martes 16, a Dragona Ramona fará a súa aparición cun contacontos.

Tamén haberá momento para o recordo dese Luns de Entroido de Veiga, cando se celebraba a Romaría de San Blas. O Concello publicará nas redes un vídeo en recordo do evento, coa participación da Comisión organizadora.

A concelleira de Cultura, Penélope López, destaca que co programa “buscamos manter unha celebración con moito arraigamento en Culleredo”. A edila anima a participar nas diferentes opcións que tamén serve para axudar a superar esta difícil situación.

Ligazóns ao concurso:

- Menores: https://bit.ly/3pazfZj

- Adultos: https://bit.ly/3aSTci7

O Concello de Culleredo xa ten aberta a participación no seu concurso en liña de disfraces. Baixo a denominación de “Culleredo Choqueiro”, a iniciativa busca ofrecer unha alternativa para conmemorar esta festa tan arraigada no municipio. Poderase participar a través das redes sociais do Concello, subindo fotos disfrazados. Haberá dúas categorías: menores de 18 e adultos. Os premios serán tablets, libros e material didáctico. As instrucións para participar poderanse consultar nas redes e na web municipal. Os veciños poderán subir a súa foto ás redes sociais ata o martes 16 para participar no certame. Os gañadores decidiranse desde ese día e ata o 21 por votación dos propios usuarios das redes. A situación sanitaria orixinada pola pandemia impide a celebración presencial como é habitual cada ano en Entroido e por iso o goberno municipal aposta por unha variada oferta a través das redes sociais para animar aos veciños nestes complicados momentos. Ademais do concurso, os pequenos serán os principais protagonistas da programación municipal. Mañá venres 12 as redes municipais ofrecerán un taller de maquillaxe e o sábado 13 outro taller de creación de máscaras. O luns 15 chegará a quenda de Cullerchef coa publicación dunha das súas receitas para facer en familia. E o martes 16, a Dragona Ramona fará a súa aparición cun contacontos. Tamén haberá momento para o recordo dese Luns de Entroido de Veiga, cando se celebraba a Romaría de San Blas. O Concello publicará nas redes un vídeo en recordo do evento, coa participación da Comisión organizadora. A concelleira de Cultura, Penélope López, destaca que co programa “buscamos manter unha celebración con moito arraigamento en Culleredo”. A edila anima a participar nas diferentes opcións que tamén serve para axudar a superar esta difícil situación. Ligazóns ao concurso:

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina