|
Participación Cidadá
As competencias desta Concellaría céntranse nas relacións coas asociacións e entidades veciñais, a promoción do asociacionismo veciñal, o desenvolvemento do regulamento veciñal e as colaboracións coas comisións de festas para as celebracións dos festexos parroquiais. A extensa rede de centros cívicos favorecen as relacións da cidadanía co Concello. A achega económica que dedica a Concellaría de Participación Cidadá á rede de centros cívicos, xunto co esforzo das entidades veciñais supón un amplo abano de actividades que se oferta durante todo o ano. |