Instalacións culturais

Edificio de Servizos Múltiples

Representa o principal referente da actividade cultural do municipio, albergando, entre outros, os servizos técnicos de Cultura. Está situado na parroquia do Burgo e ten unha superficie de 2000 m2, coas seguintes instalacións: sala polivalente (teatro, música etc.), sala de conferencias, sala de video, biblioteca, despachos do persoal e aulas de actividades.

O seu enderezo é:
Ramón Cabanillas, 14.
15670 O Burgo (Culleredo)
Teléfono: 981665597 Fax: 981661748 Correo electrónico: cultura@culleredo.org

Museo Etnográfico Torre de Celas

Está situado na parroquia de Santa María de Celas. Consta de tres plantas, cunha superficie total de 192 m2. Actualmente emprázase nel o Museo Etnográfico municipal, cunha exposición permanente de traxes galegos e ferramentas de labranza e oficios tradicionais.


Nun edificio próximo, cedido ás asociacións veciñais da parroquia, hai servizo de cafetaría, aseos e salón de actos. Dispón de horario fixo de apertura ao público nos fins de semana.

Sala de Exposicións Xosé Rey Lago

Localízase no complexo museográfico de Acea de Ama, na parroquia de Santiago do Burgo. Dispón de 2 plantas. Acolle as exposicións organizadas pola Concellaría.


Enderezo: avda. de Acea de Ama, s/n.
15670 O Burgo (Culleredo).
Teléfono: 981 (tardes) e 981665597 (mañás).
Horario: Luns a vernes: de 18:00 a 21:00 h. Sábados: de 12:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.

Museo dos Muíños Andrés Pan Vieiro

Emprazado no mesmo lugar que o anterior, acolle no seu interior un museo dedicado ao mundo da muiñaría.

Aula de Natureza Juan Lembeye e Xardín Botánico Ría do Burgo

Están emprazados no paseo marítimo do Burgo. Ademais das visitas ao xardín, realízanse actividades ambientais e culturais.

Enderezo: avda. Xoán Carlos I, s/n.
15670 O Burgo (Culleredo).
Teléfono: 981190016
Horario: Luns a vernes: de 18:00 a 21:00 h. (en inverno, de 16:00 a 19:00 h).
Sábados: de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h.

Biblioteca Miguel González Garcés

Situada na primeira planta do edificio de Servizos Múltiples do Burgo, é a biblioteca central do Concello.

Teléfono: 981665597
Horario: Luns a venres: de 11:00 a 14:00 h e de 16:30 a 20:30 h.

Axencia de Lectura Xosé Cardeso Liñares

Situada no edificio "Villa Melania" en Vilaboa.

Biblioteca da Poesía Uxío Novoneyra

Situada no edificio "Villa Melania" en Avda. Vilaboa, 42.

Teléfono: 981650077
Horario: Luns a venres: de 11:00 a 14:00 h e de 16:30 a 20:30 h.