Cultura

 

A Concellaría de Cultura creouse en 1979. A través dos seus servizos técnicos pretende, por unha parte, cubrir as necesidades de cada sector da poboación; por outra, descentralizar as actividades que se levan a cabo. Estas realízanse ao longo de todo o ano. O departamento de Cultura ten a súa sede no edificio de Servizos Múltiples do Burgo.

 

Logotipo Conselleria de Cultura

 

 

Desde o departamento de Cultura xestiónase a programación anual cultural (teatro, música clásica, jazz, concertos, festival reggae, conferencias, cine, rutas de sendarismo, cursos, escolas culturais, seminario de historia...) e os museos, salas de exposicións e bibliotecas municipais, e asesórase á Corporación municipal en todo o referente a temas culturais e históricos.