Esta web nace co obxectivo de crear no Concello de Culleredo un novo concepto de comunidade virtual, un novo medio de comunicación, co obxecto de compartir valores e sentido de identidade. Deste xeito, sentirse parte integrante da cidadanía de Culleredo queda ao alcance de todos e todas, e non só da poboación residente nas zonas urbanas, senón tamén daquelas persoas que viven en zonas rurais, sen esquecerse ademais dos emigrantes que residen fóra do municipio.
Espero que o noso portal municipal sirva para dar un paso máis de cara a esa globalización, para amosar a riqueza social, cultural e turística do noso Concello, así como portal de achegamento á nosa cidadanía.