Alcalde

O alcalde do Concello de Culleredo é Julio Sacristán de Diego.

Naceu en Valladolid no ano 1953.

Militante do sindicato CC.OO. ata 1977.

É funcionario da Consellería de Educación como profesor na Universidade Laboral desde 1972.

En 1982 ingresa no PSOE, sendo alcalde de Culleredo desde o ano 1983.

Durante 7 anos presidiu a Sociedade Cultural do Burgo.

Pertenceu á Comisión de Emprego da FEMP durante tres lexislaturas.

Tamén foi membro, en representación dos concellos de Galicia, do Consello Galego de Servizos Sociais de Galicia, do Consello Galego de Medio Ambiente de Galicia e da Comisión Superior de Urbanismo.

É Presidente do Consorcio "As Mariñas", entidade local que agrupa a nove municipios da área da Coruña e presta servizos a unha poboación de 150 mil habitantes, desde o ano 2000.