CONCELLARÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Casa do Concello
Rúa do Concello, nº 12. Culleredo
Teléfono: 981-677777
Fax: 981-677646
Correo Electrónico: promocioneconomica@culleredo.org
Os principais programas que se desenvolven actualmente na Concellaría de Promoción Económica son os seguintes:
APOIO A CREACIÓN DE EMPRESAS
• Sensibilización na cultura emprendedora
• Información e asesoramento na elaboración do Plan de Empresa e nos trámites de constitución. Titoría durante a posta en marcha e a consolidación da empresa
• Información e asesoramento sobre axudas e subvencións das diferentes Administracións.
• Formación para a creación e a consolidación da empresa.
• Hemeroteca e biblioteca empresarial. Acceso a Internet.
• Redes de colaboración:
o www.atalayadelemprendedor.com
APOIO AO SECTOR EMPRESARIAL
• Información e asesoramento xeral.
• Información, asesoramento e acompañamento de axudas e subvencións das diferentes Administracións.
• Fomento da cooperación empresarial
• Hemeroteca e biblioteca empresarial. Acceso a Internet.
• Apoio a sectores locais: comercio e hostalería
* Fomento do asociacionismo
* Dinamización
* Campañas de promoción:
- Campaña de Nadal: colabora Concello de Culleredo, Deputación da Coruña, Asociación de Comerciantes de Culleredo, Asociación de Hosteleiros de Culleredo e Asociación de Empresarios de Culleredo.
• Boletín de noticias
• Xornadas e foros
• Suelo industrial
- Parque empresarial de Alvedro
- Centro loxístico de transportes
DINAMIZACIÓN DE MERCADOS E FEIRAS
• Feirón municipal e ecomercado.
o Ubicación: Rúas Vicente Risco e Avenida de Rutis. (paralelo á antigua Universidade Laboral)
o Día: Segundo domingo de mes.
o Horario: 9.30 a 15.00
O Feirón Municipal dispón de 160 postos nos que se poden mercar productos de todo tipo, fundamentalmente textil e alimentación.
O Ecomercado ou mercado de productos ecolóxicos de Culleredo non só garantiza o respeto que estes cultivos teñen cara o medio ambiente, senón tamén a consecución da maior calidade posible no momento da súa collida. Para a realización desta actividade o Concello de Culleredo conta coa colaboración da Deputación da Coruña.
• Promoción de feiras locais e sectoriais.
FOMENTO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS, INNOVACIÓN E ENERXÍAS RENOVÁBEIS
• Dinamización sociedade da información.
• Aula net. Edificio Mirador, na rúa Alcalde Domingo Sierra, n1, Baixo, en Vilaboa.
(981-612072). Cursos de balde e conexión a Internet.
Colaboran:
* Concello de Culleredo. Concellaría de Promoción Económica
* Xunta de Galicia. Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información.
* Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.
* Rede de dinamización, sociedadedainformacion.eu (www.sociedadedainformacion.eu)
• Promoción da innovación
• Promoción da utilización de enerxías renovables.
APOIO AO DESENVOLVEMENTO RURAL
• Participación en Programas de desenvolvemento rural. Actualmente o Concello de Culleredo forma parte do Grupo de Desenvolvemento Rural GDR-29 no que participan outros concellos e entidades das comarcas das Mariñas e Betanzos. O obxectivo é dinamizar as áreas rurais a través do novo programa de Galiza Leader 2007-2013.
• Promoción do sector agrario e forestal
• Dinamización do entorno rural
• Apoio á diversificación da economía rural
TURISMO