Alcaldía
  • A (204) |
  • B (113) |
  • C (829) |
  • D (155) |
  • E (156) |
  • F (35) |
  • H (5) |
  • I (72) |
  • M (48) |
  • N (84) |
  • O (96) |
  • P (100) |
  • R (1) |
  • S (96) |
  • T (23) |
  • V (28) |

Tramitación do DNI no Concello de Culleredo

As vindeiras datas previstas para a tramitación do DNI no Concello de Culleredo son o 24 e 25 de maio de 2012, nas oficinas municipais de Vilaboa (Villa Melania). A cita podera pedir a partir do 1 de abril.

Informe de Avaliación Preliminar

Avaliación ambiental da proposta de revisión do Plan Director do Aeroporto da Coruña.

O Concello renovará o acceso desde Orro á Zapateira

O Concello de Culleredo acondicionará a entrada á Zapateira desde a parroquia de Orro. Trátase da estrada que parte desde o núcleo de Figueiras, que presenta un estado bastante deteriorado polo seu uso. A obra consistirá na pavimentación completa da estrada e custará 40.000 euros.

O alcalde de Culleredo inaugurou o novo centro social de Castro

centro socialO Concello abríu o novo centro social de Castro (Vilaboa), unha dependencia levantada para responder as peticións dos veciños e da asociación cultural do núcleo. Trátase dun centro multifuncional no que combinará espazos para o uso social como para usos múltiples. O investimento na construción deste novo centro social superou os 260.000 euros.

Real Decreto-Lei 4/2012 de pago a provedores

Co gallo da aplicación do Real Decreto-Lei 4/2012 de Pago a Provedores aprobado polo Goberno de España, o concello Culleredo informa aos interesados como confirmar a súa adhesión ao plan e como consultar a súa inclusión no certificado de obrigas pendentes de pagamento enviado ao ministerio de facenda e administracións públicas.

O Concello ultima a recuperación da contorna da igrexa do Burgo

igrexaA rehabilitación da contorna da igrexa románica do Burgo entra na súa recta final. Tras a renovación do pavimento, a instalación de xogos infantís, a substitución do atrio ou a plantación do céspede, apenas resta a retirada dun poste de luz. O Concello estima que a obra concluirá antes de Semana Santa.

Aberta a rúa Moncho Reboiras no centro do Burgo, cun centenar de aparcamentos

rúa moncho reboirasA urbanización da rúa Moncho Reboiras descubre unha nova zona residencial e con espazos públicos, en pleno centro do Burgo. Isto propiciou a apertura de dúas rúas transversais que a unen con Visitación da Encina e con Fernando Pérez de Traba, mellorando a mobilidade para os residentes. O número de prazas de estacionamento rolda o centenar.

Culleredo contará cun novo paseo peonil dun quilómetro na contorna do aeroporto

O parque e campo da festa de Culleredo, afectados polas obras de ampliación do aeroporto, serán trasladados xunta á igrexa románica. Po outra banda, o pazo e casas solariegas serán reubicadas na rúa Leonzas. Estes elementos serán unidos por un paseo peonil con árbores, xogos infantís e barbacoas, tras o acordo alcanzado entre Aena e o Concello.

O Concello loitará pola ampliación da ponte do Burgo

O goberno local de Culleredo considera "imprescindible" ampliar a ponte que une o Burgo co Temple para dar fluidez a unha estrada pola que pasan 13.000 vehículos diarios. O alcalde solicitou unha reunión coa Xunta de Galicia para abordar o futuro dunha infraestrutura que melloraría susbtancialmente a movilidade para os veciños da zona.

O Concello remata a renovación de equipamentos no paseo marítimo do Burgo

parque infantil con lucesPistas deportivas e parque infantil con iluminación, aseos reformados e pavimento arranxado son algúns dos resultados das obras que vén de acometer o Concello de Culleredo no paseo marítimo do Burgo, na zona da Cros. O alcalde, Julio Sacristán, aposta por proporcionar o mellor servizo ao usuario nun dos pulmóns verdes e de lecer da comarca.

Completada a pavimentación e instalación de recollida de pluviais en Castro

nova víaO Concello de Culleredo rematou as importantes obras de mellora viaria que levou a cabo en Castro, no enlace con Pena Loureira. Agora a vía ten un novo pavimento, con sistema axeitado para a recollida de agua da choiva e con conexións correctas das vivendas coa rede de saneamento.

Vacacións de Nadal nas actividades deportivas e culturais

As actividades deportivas e culturais, tanto as
dedicadas a escolares como a adultos, tománse unhas pequenas vacacións de Nadal. Durarán desde o 24 de decembro ata o 8 de xaneiro.

O Concello de Culleredo desexa felices festas a todos os usuarios.

O Concello destina o Plan de Obras 2012 a renovar camiños, saneamentos e abastecementos

O Concello de Culleredo levará adiante en 2012 un plan de obras centrado nas principales necesidades dos cidadáns: renovación de firmes de estradas, da rede de abastecemento e da rede de sumidoiros. Os traballos terán un montantes de 350.000 euros.

Culleredo participará nun proxecto formativo con municipios de Suecia, Croacia e Polonia

O Plan Formativo Planet, promovido pola Deputación da Coruña, contará coa participación do Concello de Culleredo. Nesta iniciativa estableceranse alianzas para o desenvolvemento de proxectos de calidade nos ámbitos do envellecemento activo e da promoción turística e rural.

O Concello delegará á Deputación o cobro de taxa das empresas de suministros

O Concello de Culleredo mellorará a xestión e cobro da taxa pola utilización da vía pública por parte das empresas explotadoras de suministros. Será o caso das que prestan servizos de gas, telefonía fixa, auga ou electricidade. A Deputación asumirá a xestión e control para verificar que os pagos son correctos.

O Concello asfalta as rúas do Monte Alfeirán

obrasA rede viaria do Monte Alfeirán está a experimentar unha notable mellora. O Concello de Culleredo traballa no asfaltado de varias rúas, un dos principais investimentos municipais do ano 2011.

Culleredo sacará a concurso o mantemento do saneamento por 20 anos

O Concello de Culleredo concesionará o mantemento preventivo e correctivo da rede de saneamento e bombeos polos próximos 20 anos. O obxectivo consiste en reducis os atascos e avarías para así impedir verquidos á ría e á rede fluvial.

O Concello non esperará á revisión do Plan Director de Alvedro para aprobar o novo PXOM

O goberno local de Culleredo descarta condicionar a aprobación do novo Plan Xeral á revisión do Plan Director de Alvedro, en marcha por parte do Ministerio de Fomento. O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, ten claro que o municipio non pode esperar máis a contar cun PXOM, que posteriormente se podería modificar se así o requiere o novo Plan Director.
 
O primeiro edil proporá a Fomente que adopte as solucións de menor incidencia nos veciños e prevé reunirse cos posibles afectados para darlles a máxima información.

Fonteculler disporá dun novo centro para actividades e atención de Servicios Sociais

visita alcalde e tenente de alcaldeO Concello de Culleredo abrirá a finais de ano un novo local en Fonteculler, na praza Daniel Rodríguez Castelao, que acollerá a celebración de diferentes actividades e actos e a atención de Servicios Sociais. Desta forma, o goberno municipal querer achegar as iniciativas das distintas concellarías e o traballo social aos veciños de Fonteculler.

Peiro estrea parque público

parque peiroO núcleo de Peiro dispón dun novo parque, dotado de zonas verdes e mobiliario urbano, acometido polas 33 persoas desempregadas que forman parte do obradoiro de emprego. Agora, o centro de Peiro conta con pista deportiva, parque infantil e o novo parque, posibilitando o encontro e o asueto dos veciños de todas as idades.

O Concello planea modificacións no transporte metropolitano para mellorar o servizo

O Concello de Culleredo estuda coas compañías de transporte diferentes alternativas para mellorar o servizo no municipio. A idea consiste en estender o transporte até zonas que non o dispoñían, como as urbanizacións da Zapateira, así como incrementar as frecuencias de viaxes no rural.

O Concello prevé concluir en novembro a construción do novo centro social de Castro

A obra de construción no novo centro social de Castro (Vilaboa) avanza a bo ritmo. O inmoble xa está levantado polo que se calcula que os traballos para dotar aos veciños dunha dependencia para actividades e reunións finalicen no mes de novembro.

Tercera reunión da Comisión Especial do Aeroporto de Alvedro

Pantallas antirruidoO Concello de Culleredo celebrou a terceira reunión da Comisión Especial do Aeroporto de Alvedro. Nela, o alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, deu conta aos grupos municipais da corporación das novidades acerca da ampliación da pista do aeroporto que acomete AENA, tanto do referente ás obras como do proceso de insonorización das vivendas.

Por unha ría limpa e saneada

A corporación cullerdense aprobou no pleno unha declaración institucional para pedir a Estado e Xunta de Galicia que cumplan cos seus compromisos e competencias e a ría do Burgo estea limpa e saneada, integralmente, no vindeiro 2014.

O alcalde reuniuse coa delegada da Xunta para reclamar a construción urxente do centro de saúde no Portádego


O Concello de Culleredo urxe á Xunta a licitar de inmediato a construción do novo centro de saúde no Portádego ante a saturación que sufre o de Acea de Ama. Asemade, o alcalde pediu a máxima celeridade para o proxecto do instituto e da ampliación do depósito de auga no Monte Alfeirán.

O Concello lamenta que as operadoras de telefonía e Correos non cumpran coa urbanización Los Olivos

O goberno local concedeulles hai meses as pertinentes licenzas ás compañías de telefonía e proporcionoulle a Correos un plano coas rúas, cumprindo todo o que lle compete para que a urbanización Los Olivos conte con ambos servizos.

O Concello impulsa unha nova ordenanza para axilizar o inicio de actividades

O proceso de obtención de licenzas axilizarase e simplificarase notable coa posta en marcha da nova ordenanza aprobada o pasado 31 de agosto polo pleno, a proposta do goberno local.

Comezaron as obras de mellora dos equipamentos do paseo marítimo do Burgo

Obras no parque infantilO Concello de Culleredo iniciou os traballos de mellora no paseo marítimo do Burgo, zona verde por excelencia do municipio e da comarca. Afectarán ás pistas deportivas, parque infantil e aseos, entre outros equipamentos.

Pacto de goberno entre PSdeG-PSOE e BNG de Culleredo

O PSdeG-PSOE e o BNG de Culleredo veñen de acordar o pacto de goberno para o mandato 2011-2015 tras o resultado das eleccións celebradas o pasado 22 de maio.

Julio Sacristán, proclamado alcalde de Culleredo

 Investidura alcalde
 Julio Sacristán foi nomeado alcalde de Culleredo tras o pleno de investidura celebrado no Concello. No seu discurso apostou polo diálogo e consenso coas asociacións e grupos políticos para o avance de Culleredo.

O Concello de Culleredo renovará equipamentos do paseo marítimo do Burgo

pistas do paseoO Concello de Culleredo prepara unha renovación de parte dos equipamentos que dispón o paseo marítimo do Burgo, zona verde referente no municipio e na comarca da Coruña. Así, o plan de actuación do goberno local que preside Julio Sacristán pasa por modernizar instalacións proporcionando maior servizo aos usuarios.

O Concello rematará as obras de Vinxeira nun mes

O Concello de Culleredo informa de que a obra que leva a cabo no núcleo de Vinxeira, consistente na construción de novos accesos e servizos, completarase nun mes.

O Concello tramita a recuperación da contorna da igrexa do Burgo

O obxectivo do Concello consiste en efectuar un cambio integral do espazo coa finalidade de pór en valor a igrexa e crear unha contorna agradable para os veciños de todas as idades no centro do Burgo.

Plan do Transporte Metropolitano Area de A Coruña

Veciños/as de Culleredo.

Como consecuencia do Convenio asinado polos Concellos da Área de A Coruña e a Xunta de Galicia, dende o día 31 de decembro, estase a por en funcionamento o novo sistema de transportes, a nova tarxeta, a tarxeta a cal, deixan de penalizarse os transbordos.

Proxecto Dinamo

 Proxecto Dinamo - Logo

 

 Cofinanciado por

Servizo de recollida de lixo e apertura de puntos limpos na ponte da Constitución

O Consorcio das Mariñas informa que con motivo das festividades da Constitución Española e a Inmaculada Concepción, non haberá servizo de recollida de lixo o vindeiro día 8 de decembro. O 7 de decembro recollerase o lixo da forma habitual.

En canto ós puntos limpos infórmase que permanecerán pechados os días 7 e 8 de decembro.

Programa europeo de becas internacionais

O prazo remata o 30 de outubro.

Recuperando o noso patrimonio industrial

O Concello continúa coa súa política de recuperación do patrimonio, acometendo os traballos de recuperación da antiga fábrica Cros en O Burgo.


Culleredo implanta el sistema de préstamo de bicicletas

O Concello de Culleredo implantará o próximo mes de agosto o novo servizo de préstamo de bicicletas. Será o primeiro municipio da comarca que dispoña do servizo.

Debate do Estado do Municipio

Sres/as concelleiros/as

Cidadanía en xeral

Inicio hoxe o segundo debate do Estado do Municipio, despois de non celebrarse o correspondente ao ano 2007 por motivo das eleccións municipais, de conformidade co establecido no Regulamento de funcionamento do Concello de Culleredo.

Sustitución das lámpadas incandescentes dos semáforos por lámpadas leds

O Concello de Culleredo está a proceder na sustitución das lámpadas incandescentes dos semáforos por lámpadas leds en Vilaboa e a continuación procederase a realizar os cambios en Fonteculler, Acea da Ma e O Burgo.

Convocatoria pública e bases de subvencions do Concello de Culleredo

Publicada no Boletín Oficial da Provincia nº 221, do mércores, 24 de setembro de 2008. Pódese acceder desde: http://www.dicoruna.es/bop/2008/09/24/08-11097-x.htm http://www.dicoruna.es/bop/2008/09/24/08-11098-x.htm

Proposta de acordo de goberno entre o PSdG-PSOE e o BNG

O grupo municipal do PSdG-PSOE e o grupo municipal do BNG de Culleredo acordan asinar un pacto de goberno no Concello para a lexislatura 2007-2011.

Inauguración do Pazo "Villa Melania"

O día 9 de Maio, ás 19:00 horas, poderá ser visitado o Pazo "Villa Melania", propiedade do Concello de Culleredo, e rehabilitado pola Escola Taller.

A partires do Luns, día 14 de maio, ás 9:30 horas, comenzarán a funcionar nel os seguintes servizos:

  • Oficiña municipal
  • Servicios Sociais
  • Aula da Terceira Idade
  • Bliblioteca "José Cardeso Liñares", cunha sala especializada na Poesía de "Uxío Novoneyra"