Benestar Social

Reunións cos maiores nas parroquias

O Concello de Culleredo celebra, a petición dos delegados parroquiais, reunións técnicas cos maiores do municipio. Terán lugar con obxecto de analizar as próximas actividades e poder escoitar as propostas e ideas dos veciños.

O Concello lanza unha viaxe dos maiores ao castro de Viladonga

O Concello de Culleredo prosegue coas súas actividades de maiores incluídas no seu programa de dinamización comunitaria. O vindeiro domingo 19 de xuño a excursión será ao castro de Viladonga, en Castro de Rei (Lugo), incluíndo unha visita á localidade de Meira.

Alcer saíu á rúa para animar a ser doante de órganos e tecidos

Con motivo do Día Nacional do Doante de Órganos e Tecidos, o 1 de xuño, Alcer Culleredo saíu á a rúa co seu programa "Bule con Alcer", coa colaboración do Concello de Culleredo. O obxectivo consistía en sensibilizar á poboación cullerdense da necesidade de facerse donadores. 

Xornada informativa sobre o Alzheimer

A asociación de familiares de enfermos de Alzheimer da Coruña (AFACO), coa colaboración do Concello de Culleredo, organiza unha xornada informativa sobre a enfermidade. Será o xoves 2 de xuño ás 18.00 horas en Vila Melania (Vilaboa).

 

Xornada sobre o Alzheimer

A asociación de familiares de enfermos de Alzheimer da Coruña (AFACO), coa colaboración do Concello de Culleredo, organiza unha xornada informativa sobre a enfermidade. Será o xoves 2 de xuño ás 18.00 horas en Vila Melania (Vilaboa).

O Concello apoiará ás entidades sociais para que opten a fondos europeos

Os fondos europeos Leader non se cinguen ao ámbito empresarial e á administración, tamén poden beneficiar a entidades sen ánimo de lucro. Con esta premisa, o Concello de Culleredo e o GDR Mariñas - Betanzos reuniron a representantes de asociacións sociais para darlles a coñecer as posibilidades que teñen para optar a esta convocatoria.

Nova formación en emerxencias sanitarias para os maiores

O Concello de Culleredo leva tamén a preparación ante emerxencias sanitarias aos maiores do municipio. O proxecto "As túas mans salvan vidas", da Concellaría de Benestar Social, non se cingue este ano aos escolares e chega aos participantes na actividade de ximnasia para maiores.

A Casa Rosa xa funciona como centro de rehabilitación para persoas con enfermidade mental

Día de celebración en Culleredo coa inauguración do centro de rehabilitación psicosocial da Asociación Prol Enfermos Mentais (APEM) na Casa Rosa do Burgo, cedida á entidade polo Concello de Culleredo.

O Concello busca a implicación da Xunta no centro municipal de atención á diversidade

O Concello de Culleredo busca a implicación da Xunta de Galicia no mantemento do centro ocupacional A Escada, dedicado á atención de persoas con diversidade funcional. O primeiro tenente de alcalde, José Ramón Rioboo, trasladoulle a petición ao conselleiro de Política Social, José Manuel Rey.

Viaxe dos maiores a Monçao

Os maiores de Culleredo continuarán co seu programa de viaxes saudables en Portugal, na localide de Monçaos. Terá lugar o 20 e 21 de abril.

Sede electrónica

Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...

Acceder a los servicios

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina