Economía e Facenda

O goberno de Culleredo presenta uns orzamentos á alza con gastos “realistas” para o benestar do veciño

A eficacia na xestión dos recursos municipais e a coordinación entre as áreas permiten ao Concello de Culleredo presentar uns orzamentos para o ano 2014 cun crecemento dun 2,49% con respecto ao presente exercicio.

O superávit de 3 millóns de euros acadado en 2012 permite amortizar xa o crédito ICO

Os excelentes resultados económicos conseguidos polo Concello de Culleredo no ano 2012 permiten ao goberno local a amortización completa do crédito ICO subscrito o ano pasado para o pago a provedores, a raíz do plan aprobado polo Goberno do Estado. A pesar de que o Concello dispón de 10 anos para amortizar os 2,1 millóns de euros do crédito ICO, o superávit de 3,037 millóns de euros logrado en 2012 propicia a situación económica máis que suficiente para cancelalo, se se desexa, de inmediato.

Culleredo logra un superávit de 3 millóns de euros na liquidación de 2012

A liquidación do orzamento municipal de 2012 arroxa un resultado moi positivo para o Concello. Culleredo logra un superávit de 3.037.603,79 euros, o mellor resultado desde 2006. O remanente de tesouraría arroxa unha cifra tamén positiva, alcanzando os 2.907.995,97 euros. O aumento dos dereitos recoñecidos netos constitúe unha das razóns para que o Concello alcanzase este superávit.

O Concello aumenta o horario das terrazas a petición dos hostaleiros

O Concello de Culleredo modificou a ordenanza de terrazas para a ampliación do horario, petición expresa do sector hostaleiro para ver favorecida a súa actividade. Adiántase media hora o horario de montaxe das terrazas e aumenta unha hora a súa recollida. O horario de funcionamento das terrazas será no inverno ata as 00.30 horas, aínda que os venres, sábados e vésperas de festivo poderá incrementarse nunha hora máis. Tamén nos meses de verán poderá aumentarse unha hora.

O Concello levará a pleno en novembro uns orzamentos de 22,5 millóns de euros

O Concello de Culleredo elevará ao pleno da corporación, que terá lugar o próximo 29 de novembro, a aprobación do Orzamento Municipal para o ano 2013. O alcalde, Julio Sacristán, prevé igualar ingresos e gastos no orzamento, por tanto tratarase dun orzamento equilibrado. Os ingresos e gastos roldarán os 22,5 millóns de euros, 1,3 millóns por baixo da contía aprobada o ano pasado. Neste descenso incide a decisión do goberno local de non incrementar as taxas.

O Concello actualiza varias ordenanzas, pero non sube a recaudación

O Concello de Culleredo aprobou a modificación de varias ordenanzas fiscais para melloralas e adaptalas ás necesidades do municipio. Esta variación non comportará ningún incremento na recaudación. Entre os cambios se atopa a redución do prezo da auga para as familias numerosas.

Culleredo aproba un plan de axuste cun incremento de 2,2 millóns de ingresos e unha reducción de 1,7 millóns de gastos

imaxe do plenoAplicando un axuste nestas dúas vías, o Concello alcanza un axuste de 3,9 millóns de euros. Este plan servirá para non incorrer en déficit os próximos anos, garantindo o pago en prazo aos provedores, e obter superávit para investimentos.

Culleredo reduce os orzamentos nun 12,1%, pero incrementa as partidas de Servizos Sociais

o alcalde e a primeira tenente de alcaldeOs orzamentos municipais para 2012, aprobados polo pleno da corporación, veñen marcados por un descenso dun 12,1% con respecto a 2011. Desta forma, o goberno local configura unhas contas prudentes, realistas coa situación de crise, e que garantirán os servizos básicos aos cidadáns.

A pesares de este descenso, o Concello incrementa a consignación a Servizos Sociais, considerando que se trata da área prioritaria para os veciños no contexto actual. Estas partidas supoñen o 9,24% do total do orzamento, 1,87 millóns de euros.

Sede electrónica

Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...

Acceder a los servicios

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina